AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/05/2023

O noso candidato

Ramón Noceda Caamaño, de profesión operario aínda que está recentemente xubilado, é unha auténtica institución política en Carnota, que tivo ocasión de gobernar en 4 mandatos (2 deles con maioría absoluta), converténdoo no alcalde con máis experiencia que tivo Carnota. Tras un parón de 4 anos para reflexionar e coller carreira, decidiu recoller a encomenda dos seus compañeiros do BNG de Carnota e volver a concurrir ás vindeiras Eleccións Municipais.

Moncho, por que volves?

Despois da pausa destes catro anos e ante as peticións da militancia, de simpatizantes e de moitas veciñas e veciños, decidín dar un paso á fronte e asumir o reto coas mesmas gañas e ilusión que hai 40 anos.

Que espectativas tes?

Boas. Espero volver a contar coa confianza da veciñanza, que é quen ten a última palabra. Acatarei durante toda a lexislatura a súa decisión con humildade e responsabilidade, sexa para gobernar ou para traballar na oposición.

Como ves a situación actual do concello?

Estes catro anos veño observando coma veciño un deterioro e o abandono de moitos logros acadados nas últimas lexislaturas. Hai un retroceso continuo en iniciativas por parte do goberno actual, e está claro que este é un goberno sen ideas de futuro para Carnota.

Que prioridades ten neste momento o concello?

Recuperar o diálogo institucional, a participación veciñal, a ilusión e o orgullo como pobo.

Que esperas da próxima lexislatura?

Creo que se pode abrir en Galiza unha etapa moi ilusionante e quero que toda a veciñanza de Carnota sexa partícipe. Para eso conto cun equipo comprometido co pobo e con vocación de servizo público.

Vídeo: Intervención de Moncho na presentación da candidatura

40 anos da chegada do BNG á alcaldía

Este ano, concretamente o 8 de maio, cumpríronse 40 anos da primeira vitoria electoral do BNG en Carnota en 1983, a primeira vez que se presentaba con esas siglas (xa que 4 anos antes fixérao coma BN-PG), tras impoñerse con 839 votos a todos os seus rivais e convertendo a Moncho Noceda no primeiro alcalde nacionalista da Historia de Carnota, condición que revalidaría 3 veces máis, dúas delas con maioría absoluta.

Como se valoraba na última Moa, a chegada do BNG á alcaldía supuxo abandoar unha forma de gobernar patriarcal, poñendo o Concello ao servizo da veciñanza, trouxo a transparencia na xestión dos fondos públicos (daquel tempo é a primeira revista informativa municipal), garantir a implicación e participación veciñal da man do goberno local, e acadando importantes cotas de modernización e progreso: o alumeado, a recollida de pluviais e saneamento, a dotación de infraestruturas e comunicacións, a chegada de luz, telefonía e auga corrente a todas as casas, os centros de saúde e educativos, as nosas principais industrias ou a oferta cultural, musical e teatral... son na maior parte produto daquel goberno. 

Video: Moncho refírese ao 40º aniversario da vitoria do BNG

Etiquetas: , ,

Hai unha opinión.

  1. Joven promesa...e falábades de Fraga, manda carallo

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: