AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

16/06/2005

O PP perde a maioría absoluta en Galiza

Comparte e opina:
Á espera do que poida definir finalmente o "voto emigrante", o PP e Fraga acaban de perder dun xeito estrepitoso a maioría absoluta nas Eleicións Autonómicas, tras ceder cinco escanos.
Nembargantes, o análise non pode resultar todo o satisfactoria para o BNG como chegaron a anticipar as enquisas a pé de urna, pois perdemos dun xeito difícilmente explicábel 4 escanos.
Por outra parte, o voto útil deixa de ser útil en mans do PSOE, e o feito de que Zapatero gañara o governo central non pode en ningún caso condicionar o cambio en clave de País que a inmensa maioría dos galegos confesou desexar en vísporas das Eleicíóns, e moito menos o vai ser en mans do "útil" voto ao PP, útil para manter ao entramado de "amijiños" que sumiu xa durante anos ao PP na loita de poderes interna.
Nós, pola nosa parte, debemos recoñecer a Anxo Quintana o indubidábel feito de converter a nosa opción en revelación da campaña e tamén ao feito de afianzar o novo liderazgo no BNG e apresentar ao artífice da "milagre de Allariz" á sociedade galega.
Felicidades a tódolos simpatizantes e militantes polo importantísimo traballo elaborado durante esta campaña.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: