AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/08/2006

Nacho Porto gañou a VI edición do certame Antonio Fraguas

Xosé Ignacio Porto Mato, artesán plástico e veciño do noso Concello, ven de ser o premiado por dito certame pola súa peza cerámica �Touro de dúas cabezas�, que podedes ver na imaxe ao carón desta nova, escollida xunto cun chal de liño de Carme Riveiro (Baio) como as dúas mellores das 239 obras presentadas por 74 artistas.A dictame foi feita pública polo responsábel de Cultura da Deputación Celestino Pozo, que destacou que ambos os gañadores son �nomes moi destacados da artesanía galega�. Da obra de Nacho Porto (que xa gañara o mesmo premio na súa terceira edición), o xurado salientou a innovación e orixinalidade da peza, �un motivo iconográfico e mitolóxico moi antigo� e o uso de varias técnicas como a arxila refractaria, os esmaltes e a serigrafía.

Pola nosa parte, felicitar fortemente ao noso veciño por este importante recoñecemento á súa obra, a agradecer tamén que o seu constante traballo de anos está a converter o noso Concello nun interesante punto de proxección da nosa artesanía nacional, xunto con outras magníficas iniciativas como o Obradoiro Charamusca (981 76 05 40) (elaboradas pezas de todo tipo en cartón pedra), o taller de pedra Cernadas (981 87 85 14) ou o tamén artista plástico Nano Unzueta (981 85 74 84).
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: