AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

10/09/2006

A brigada Carnotavento, un modelo de colaboración empresa-concello

Comparte e opina:
Un acordo de colaboración entre o Concello de Carnota e a empresa eólica Carnotavento posibilitou a creación dunha brigada medioambiental formada por cinco traballadores que desenvolviu as súas actividades entre os meses de febreiro e setembro deste ano.

O seu traballo consistiu na realización de traballos de carácter e dificultade variábeis a prol da conservación e recuperación do medio e do patrimonio de Carnota. Limpeza e conservación de espazos públicos, adecentamento de camiños tradicionais, recuperación do entorno de conxuntos monumentais e etnográficos, limpeza de ríos e elaboración de faixas de protección dos núcleos de poboación contra o lume foron só algúns dos importantes réditos que o convenio trouxo para os veciños de Carnota e visitantes.

A superficie sobre a que se actuou supera as 19 hectáreas (190.000 metros cadrados), e os traballos figuran expostos abaixo, e máis ampliados no documento dispoñíbel para a súa descarga.

As axeitadas condicións laborais e tamén a produtividade das tarefas motivou a actitude entusiasta de todos os membros da brigada. Por outra parte, a valoración dos traballos por parte dos veciños foi gratamente positiva.

A enorme rendibilidade da experiencia en tan só oito meses levan ao Concello a agradecer e valorar moi positivamente a actitude de Carnotavento en canto á súa boa disposición a reinvertir parte dos beneficios da súa actividade en proxectos de mellora do noso entorno e das condicións de vida dos veciños. O éxito incontestábel do dito acordo tamén subscita un forte interese do Concello por tratar coa empresa a reedición do convenio para completar os traballos nos eidos nos que xa se viña traballando e, por que non, abrir novas vías de actuación inéditas polo de agora.

Sen dúbida este tipo de colaboración empresa-concello é exemplar, polo que o grupo municipal do BNG de Carnota está máis que disposto a seguir desenvolvendo esta fórmula, e tamén a estabelecer contactos con outras empresas do municipio para comprobar a súa disposición a consensuar iniciativas conxuntas similares.

Actuacións xa realizadas


  • Cubelo: Desbroce de contorno do rio e muiño tradicional.
  • Adraño: Desbroce de espazo de lecer, contorno do rio e muiño tradicional.
  • As Cangrexeiras: Desbroce e aclareo de espazo público de lecer.
  • Fetós: Desbroce e preparación para a creación de espazo de lecer.
  • Cornido: Desbroce de espazo público.
  • Cornido: Desbroce de contorno do rio e muiño tradicional.
  • Vadebois: Desbroce e aclareo de contorno do río e muiño tradicional.
  • Carnota: Desbroce, aclareo e limpeza do contorno monumental do igrexario de Santa Comba de Carnota.
  • Louredo: Desbroce e aclareo de rio e camiño tradicional de Louredo a Campo de Crabas.
  • Panchés: Desbroce e limpeza no contorno de vial de acceso á poboación e parque infantil.
  • A Curra: Desbroce área de lecer e camiño tradicional.
  • Boca do Rio: Desbroce contorno ruta paisaxística.
  • Carrofeito: Desbroce e aclareo vexetación en aparcadoiro e espazo público.
  • Lamas de Castelo: Desbroce e aclareo de protección contra o lume en espazo público.
  • Varios lugares: Queima de restrollos e repaso de anteriores traballos.
  • Adraño: Limpeza do contorno do mirador panorámico.
  • Desbroce e eliminación de restos vexetación queimada en área pública e camiño tradicional á Insuela.
  • Lira: Desbroce e limpeza contorno monumental de igrexa e rectoral de Lira.
  • Lira: Desbroce da área de recreo de Mar de Lira.
  • Lamanín: Desbroce e aclareo de área pública e elaboración de faixa de protección contra o lume.
  • Lombáns: Desbroce da ruta sendeirismo Lombáns-Carrofeito.
  • Adraño: Desbroce e aclareo da área deportiva de Baladiño.
  • Mallou: Desbroce e aclareo do rio e espazo de lecer anexo.
  • Gulpilleira: Desbroce de aparcadoiro público e área de lecer.
  • Lombáns: Desbroce do entorno do complexo deportivo.
  • Lira: Desbroce e limpeza de espazo público e entorno da Casa do Mar.
  • Mallou: Desbroce e aclareo, faixa de protección contra o lume.
  • Quilmas: Desbroce de espazo público como medida preventiva contra a usurpación de chan público.
  • Panchés: Desbroce con eliminación de restos de vexetación queimada no camiño de Panchés á Curra. Baldío ao lado do rio dos muiños.
  • Nóutigos: Desbroce e aclareo da cauce do rio e franxa de protección de 2 metros por cada lado.
  • Rego da Burateira: Desbroce e aclareo da cauce do rio e franxa de protección de 2 metros por cada lado.

Actuacións prioritarias pendentes 

  • Rio da Rateira (1º tramo: Louredo-San Mamede).
  • Rio da Rateira (2º tramo: San Mamede-Canedo).
  • Rio da Rateira (3º tramo: Canedo-Freán).
  • Rio da Rateira (4º tramo: Freán-Carnotela).
  • Rio de Parada.
  • Rio de Vadebois.
  • Insua: Faixa de protección contra o lume e limpeza do rio.
  • Riazón: Limpeza do rio.
  • Monte Pindo: Roteiro de sendeirismo do Rio dos Muiños ao Chan de Lamas.
  • Contorno do Faro de Punta Insua.
  • Caldebarcos: Baldío público no Tallo do Campo.
  • O Viso: Piñeiral público en Campamento.
  • A Raña: Recuperación de baldío público e roteiro de sendeirismo.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: