AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

04/06/2007

A praia de Mar de Lira obtén a bandeira azul

Comparte e opina:
Por primeira vez na historia, a praia de Mar de Lira obtén o prestixioso distintivo que a sitúa entre as praias máis recomendábeis de Europa.

Á parte de supoñer un pulo ao desenvolvemento turístico do noso concello, a bandeira azul vén a recompensar os esforzos do goberno municipal saínte para facer da nosa costa un espazo apto para todos os cidadáns, dotando ás principais praias de rampas de acceso para minusválidos, zonas apartadas do tránsito rodado e de acceso exclusivo aos usuarios das praias, aparcadoiros retirábeis logo da época estival, espazos de lecer e práctica deportiva para cativos e maiores, numerosos roteiros de sendeirismo complementando o propio atractivo das praias, zonas arboradas, asadores e merendoiros, e por suposto servizos básicos como fontes e duchas en todas elas. De feito, precisamente o distintivo bandeira azul fai balanzo tanto dos valores naturais (salubridade do areeiro, calidade das augas, enclave paisaxístico e natural...) coma a gama de servizos públicos á disposición dos usuarios da praia.

O goberno municipal, con Manolo García á fronte, tentara que outros catro areeiros do noso concello optaran tamén ao distintivo (Lariño, A Raña, Boca do Río e San Pedro do Pindo) mais non puido ser, resultando finalmente a de Mar de Lira como única agraciada.

Por último, e non menos importante, o orgullo que sentimos por ser Galiza a comunidade con máis bandeiras azuis do mundo, con 119 distintivos a praias e outros 8 distintivos a portos.

Desde este espazo só nos queda felicitar á corporación municipal saínte por acadar que poidamos ver unha bandeira azul ondear no noso municipio logo unha chea de anos.
Etiquetas: , , , ,

Hai 2 opinións.

  1. E cando pensarán desde o concello colocar a bandeira azul??? Ou estarán agardando a que veña ao acto de izada Zaplana?

    ResponderExcluir
  2. Polo visto o problema é que necesitan un socorrista cualificado. Unha rapaza do concello ofreciuse varias veces pero rexeitárona ca excusa de que "tiñan xente abonda". Cando se enteraron que non podían colocar a quen quixeran para o posto a rapaza xa estaba traballando noutro concello, e ahora andan buscando a xente preparada que quira vir para Carnota ofrecéndolle a metade do que cobrarían noutro concello.
    E a todo esto, a mediados de xullo e seguimos sen ver a bandeira azul.
    O que Manolo de Clarisa conseguiu durante meses estes incompetentes vano arruinar nunha semana.

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: