AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

17/07/2007

Democracia plenaria?

Comparte e opina:
O pasado venres, a partir das 20:00h, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota o segundo pleno desta lexislatura.

Para sorpresa dos membros do BNG na corporación municipal e de moitos dos asistentes, ningún dos puntos da orde do día tratou a controvertida cuestión das gardas médicas, que mesmo fora motivo do primeiro bando municipal do novo goberno popular, e que dera lugar ao apoio do grupo do PP á concentración organizada por varios veciños ás portas do Centro Médico de Carnota, tan só un día antes do pleno.

Porén, o pleno centrouse en cuestións orgánicas (como a aprobación das taxas do Saneamento) que non supoñían a priori demasiadas tensións entre o goberno e unha oposición sosegada que mesmo apoiou algúns puntos como a axuda pola natalidade. Sen embargo, isto non impediu que volvera a producirse a lamentábel actitude autoritaria do novo alcalde José Oreiro da que xa tivéramos varias mostras tanto no primeiro pleno como na toma de posesión, á que nese momento non déramos maior importancia por supoñela froito do nerviosismo e tensión dos primeiros actos públicos do alcalde nesta nova investidura.

Agora, pasados case dous meses, xa non podemos seguir tolerando faltas de respecto como interrumpir unha e outra vez ao noso portavoz e xefe da oposición Tomé Freire no seu tempo de uso da palabra, ata o extremo que non puido rematar nin unha soa das súas intervencións polas intromisións agresivas do alcalde, xa fora matizando as verbas do xefe da oposición, recriminándoo ou simplemente poñendo fin ás súas intervencións dun xeito unilateral e manifestamente autoritario, mesmo cando eran para apoiar ao goberno nalgunha cuestión.

Non é de rigor que nun pleno do máis levadeiro, e a pesar do ton tranquilo e dialogante da oposición ao tratar a maioría dos puntos da orde do día, o señor Oreiro responda con esa violencia desmesurada sen mediar provocación algunha. Logo da anterior etapa durante a que xa presidira o concello, debería coñecer perfectamente e respeitar o desenvolvemento dos plenos, mesmo cando os membros da oposición exercen o seu dereito á palabra. Esperamos que de agora en adiante o novo alcalde permita aos membros da oposición desenvolver as súas funcións de representación de máis da metade dos veciños, cando menos co grao de civismo e educación que pode esixírselle ao máximo órgano de goberno municipal.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: