O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso
Publicado ás 19:06h, en .san mamede, actualidade municipal, asuntos sociais, calamidade, proxectos, servizos públicos, xunta | Ver
O BNG denuncia que esta medida ten unha clara motivación recadatoria e vai ser enormemente regresiva para as economías familiares, pois ademais de cobrarlles o seu propio abastecemento de auga obrigará a que a veciñanza asuma os custos dun contador homologado, baixo ameaza de multas de ata 30.000 euros de non facelo. Asi mesmo desaparecen as exencións existentes para os núcleos por debaixo de 2.000 habitantes, que son sen ir máis lonxe todos os de Carnota. Ademais entende o BNG que desde as institucións, especialmente naquelas gobernadas polo PP, estase a ocultar a verdadeira dimensión desta medida.
A esta acción social e informativa do BNG unirase a acción institucional, mediante unha Moción presentada no Concello de Carnota no sentido de que a Corporación inste á Xunta a retirar un cánon que vai supoñer, unha vez máis, un duro golpe ao noso territorio, e dentro del, aos colectivos máis desfavorecidos.
4 comentarios:
-
Anônimo
on
15/12/10 22:09
eu non me creo eso que vos dicides..por que os veciños de carnota nin jen lle pode dicir que agua temos que beber,por que a auga que nos bebemos e do pueblo, ademais haber quen vai ser o gobernante pringado que vai dicir eso,,,,,eu creo que e una xojarreta deste partida para intentar arañar algun voto nas vindeiras eleccions, e crispar a veciñanza de mentiras como fixestes ca basura
-
Anônimo
on
16/12/10 15:22
Se asistiras á charla creíalo.
-
Anônimo
on
29/12/10 13:38
Oxalá fose mentira,a nova lei de augas está ideada única e exclusivante cun fin recaudatorio(un novo imposto vaia),dentro de pouco ata nos cobrarán polo aire que respiramos...(así son as receitas anticrise do PP).Supoño que esta artimaña non vai ser outra cousa que a de favorecer a algunha empresa,empresario ou afín ao PP(estes non dán puntada sen fio).Ó que mais me fode é que ademais de pagar ó devandito imposto tamén nós teñamos que facer cargo do mantemento da mesma.Pasará igual que no caso de Telefónica,asumiremos co custo da rede de tuberias,pozos,collidas de manantiais...e cando estea todo millo botado virán os de Espina a recoller o que nós sembramos.Lume¡¡¡Irmandinho.
-
Anônimo
on
23/1/11 16:23
ainda me acordo candoo bloque andivo desindo polo pindo que non habia que pajar a ajua de espina. o que non hai que ser e ignorante, que estos estan mentindo para crispar o pueblo e arañar 4 votos de catro ilusos que se cren todo. SENTIDIÑO POR FAVOR.







Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.