AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

10/05/2012

Carnota móvese polo seu patrimonio: a Torre dos Mouros renacerá das ruinas coa axuda de todos

Detalle dun muro do sitio arqueolóxico. Imaxe: Anón Malde
O recente descubrimento dos restos dunha fortificación de dúas hectáreas ata agora descoñecida no Monte dos Castros de Lira, que algúns xa identifican coa desaparecida Torre dos Mouros que citan certas fontes documentais do pasado século, levou ao Concello de Carnota a convocar a toda a veciñanza a unha xuntanza na Casa do Concello mañá venres 11 de maio desde as 20:30 horas, co gallo de explicar ao detalle un novidoso proxecto para recuperalo e investigalo. O proxecto prevé facer unha limpeza de superficie e mesmo unha pequena excavación co gallo de obter datos que permitan aclarar a súa procedencia e funcionalidade, perdidas desde a noite dos tempos debaixo dunha mesta mata de terra e toxos. E será necesaria a colaboración de todos, pois para determinadas fases dos traballos será precisa a participación de voluntariado.

O BNG de Carnota aposta porque a crise e a falta de recursos do momento non supoñan un impedimento á imaxinación á hora de iniciar proxectos tan estimulantes, ilusionantes e proveitosos para o pobo como é a recuperación e posta en valor dun tesouro arqueolóxico que xa estará recollido como tal no PXOM que está a redactarse.
Comunicado da Concellería de Cultura e Deporte

Iván Franco, Concelleiro de Cultura
Boa noite a tod@s,
Son Iván Franco, Concelleiro de Cultura e Deporte do Concello de Carnota.
Como xa saberedes, recentemente foi atopado na parroquia de Lira un xacemento arqueolóxico de gran importancia denominado Torre dos Mouros ou Monte do Castro [Noticia en Que Pasa na Costa] [Noticia na Voz de Galicia].
O Concello de Carnota, en colaboración con varios arqueólogos e especialistas, vai levar a cabo durante os vindeiros meses unha análise e unha pequena escavación para intentar determinar a época e a orixe destas ruínas.
Por este motivo, diríxome a vos coa intención de convocar á vosa asociación a unha reunión informativa sobre esta actuación. A reunión celebrarase o vindeiro venres 11 de maio ás 20:30 no salón de actos do concello de Carnota.
Nesta reunión explicaremos a todos os asistentes o plan de traballo para esta escavación, así como as actividades de divulgación e a iniciativa de voluntariado arqueolóxico.
Gustaríanos contar coa vosa presenza e que aportarades a vosa opinión. E no caso de que non podades asistir, non dubidedes en poñervos en contacto comigo para calquera pregunta que desexedes facer.

Sen máis, recibide unha aperta cordial.

Iván Franco Caamaño
Concelleiro de Cultura e Deporte
Concello de Carnota
Etiquetas: , , , ,

Hai unha opinión.

  1. Joder que a nova do noso Percherón esté sen comentario, dende lojo...
    é o que máis fixo por iste povo xa que limpou o monte de toxos e levou canteiros a facer porcos de pedra mentras lles tocaban a jaitiña os veciños de Mallou...e ademais descubriu a Jarjantiña...la hostia vamos...ánimo tio, que para a próxima lexislatura ijual descubres onde anda a raíña Lupa, e xa xhe adianto que por Quilmas non veñas a mirar corazón...

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: