AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

21/11/2013

O PP clausura o Centro de Día de Carnota ignorando a paralización cautelar que reclamou xudicialmente o Concello

Admitida a trámite a denuncia do Concello contra o Consorcio por clausurar o Centro vulnerando o convenio vixente
O referencial Centro de Día de Carnota está baleiro desde onte
Os xulgados van dilucidar a legalidade da decisión da Xunta no senso de clausurar este servizo público fundamental para moitos veciños de Carnota e mesmo alén, pois ao ser o único Centro de Día da bisbarra acollía usuarios ata de Fisterra.

O PP, recorrendo á vella excusa de que non lles gustan as instalacións de Pedramarrada, pese a que foi o propio PP quen no seu día impuxo as condicións e elixiu esa ubicación, a Xunta vén de clausurar na xornada de onte o Centro de Día privando aos veciños deste servizo público de proximidade pioneiro na bisbarra, rompendo unilateralmente un Convenio que ten vixencia ata o 2015. Detrás do seu traslado a Muros agochan que ese novo centro só dará cobertura aos usuarios que xa están atendidos actualmente en Pedramarrada, e que eles e as súas familias xa expresaron o seu desexo de permanecer en Carnota. De feito a nova infraestructura muradá apenas pode acoller media ducia máis de usuarios que o actual, o que ao noso entender non xustifica o dispendio nun novo centro nin a clausura dun centro existente.

Por iso, a Xustiza admitiu a trámite unha denuncia do Concello de Carnota contra o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, pedindo a paralisación do traslado (ou cando menos cautelar ata que saia a sentenza) e esixindo, en todo caso, que se este traslado finalmente chega a realizarse a Xunta debe indemnizar ao Concello de Carnota por todos os gastos que lle supuxo ata hoxe o mantemento dunha instalación para finalmente clausurala a Xunta de xeito unilateral.

O acoso laboral apoderouse do Centro de Día antes de ser deslocalizado
Pese a ser a única instalación pública deste tipo entre Cabana de Bergantiños e a Serra de Outes, e ao seu funcionamento exemplar, os problemas no Centro de Día de Pedramarrada (Carnota) foron constantes pola tensión laboral derivada da actitude déspota nos últimos anos da directora do Centro.

O último episodio foi o recente despido dunha traballadora, veciña de Canedo, "por non pasar o período de proba", despois de desenvolver tan só mes e medio do seu contrato. Esta traballadora estaba facendo unha substitución da PSX titular do Centro que se atopa de baixa por enfermidade, e nunca recibira ningún tipo de queixa por parte dos empregados nin os usuarios do servizo. Ao contrario, as compañeiras estaban moi satisfeitas co seu rendemento pese a tratarse dunha contratación temporal. A única explicación pode vir dada do trato que lle dispensou a directora do centro foi moi frívolo desde o primeiro día, e que en realidade este despido se deba a unha vinganza personal da propia directora, por asuntos personais anteriores a este contrato.

Este é o último episodio pero non o primeiro da traxectoria desta directora á fronte do servizo público carnotán, salpicado de situacións de acoso laboral e psicolóxico a traballadores que provocou que varios deles preferiran acollerse a unha excedencia voluntaria antes que seguir sufrindo esta situación. Ademais, esta directora chegou ao extremo de provocar o despido dunha limpadora municipal durante o mandato do anterior alcalde José Oreiro (PP), un despido que se argumentou en base a mentiras e mesmo falsificando o testemuño de traballadores do centro. O despido foi sentenzado nulo polo xuíz, que ademais aprezou vulneración dos dereitos fundamentais da despedida.

O BNG de Carnota expresa a súa solidariedade coas traballadoras que sufriron e seguirán a sufrir esta situación, que ademais se ve agravada polas pésimas condicións contractuais neste servizo público, pois carecen de Convenio Colectivo e vense abocados á aplicación das condicións laborais mínimas fixadas no Estatuto dos Traballadores.

O PP desmantela servizos públicos e asfixia aos concellos para que non poidan prestalos mentras entrega o pastel a empresas privadas
Todo isto responde á estratexia do PP de deixar aos concellos sen capacidade real para prestar os servizos sociais que necesitan os seus veciños, de xeito que os municipios pasen a ser meras sucursais de administracións menos próximas aos seus cidadáns, coma a Xunta ou o goberno central. A proba definitiva disto é o brutal recorte das partidas para os concellos a reforma da administración local, que baixo a apariencia de "racionalizar o gasto dos concellos" agocha a retirada case completa das súas competencias e dos fondos para desenvolvelas. En cambio, as empresas privadas dos amigos do PP estan conseguindo introducirse como nunca antes no -para eles- negocio da prestación de servizos, coma centros de día, residencias da terceira idade, e ata hospitais.

A xente debe saber o que está pasando e tamén defender os servizos públicos, gratuitos e de calidade, e exactamente iso fará o BNG onde sexa necesario. Tamén queremos lembrar que a apertura do Centro de Pedramarrada fora xestionada polo BNG desde a Xunta. A lección está clara: O BNG constrúe, o PP destrúe.

Etiquetas: , , , , ,

Hai 9 opinións.

  1. Bos dias.
    Despois de ler o artigo,teño q manifestar o meu total desacordo sobre as acusacion infundadas sobre o acoso laboral da directora,unha compañeira e unha traballadora mais, do centro de dia. Non pode ser q a representacion politica dun partido local se aventure a falar do descoñecido acusando e xulgando socialmente a unha persoa. Pareceme verdonzoso. de todos xeitos, ¿non sera esos motivos persoais, os q se fai referencia no escrito, os q apoian estas manifestacions?¿non sera q alguna afin o seu partido se sinte doida e esta utilizando a politica como canle do seu desazon? Son ideas q se me pasan pola cabeza...pero igual estou desacertada...sempre nos podemos equivocar nas nosas suposicion ¿non creen? Sen mais e tendo a sensacion doce da manifestacion de desacordo, me despido atentamente.

    ResponderExcluir
  2. É triste dicilo pero é así: Carnota, un municipio pequeno está gobernado por un ninguén. Eu xa me dera de conta que é unha pena oílo falar, pero peor é velo actuar, deixándose dirixir por amigos/as de trancas, chismes e demais .
    O colmo foi a publicación do BNG de Carnota da semana pasada onde se farta de mentir.
    Preguntémoslle ao señor alcalde que fixo el para que o centro de día do concello quedase no mesmo, ademais de, iso sí, informar ás familias dos usuarios de que non era culpa súa, senón da Xunta, ou denunciar ao Consorcio só para cobrar unha indemnización. Por que non ofreceu outro espazo mais axeitado?, por que non mobilizou aos veciños de Carnota e aos traballadores do centro de día?: non lle interesou.
    E agora… agora arremete contra quen nin sequera creo que coñeza, inventando o que non sabe nin veu, por que? porque cos de arriba xa viu que non podía, e prefire crer chismes sen ningún tipo de fundamento nin proba, manchando así o nome de terceiras persoas.
    Señor alcalde: quixer saber si vostede, de contado maior, se preocupou en verdade polos nosos maiores ou, pola contra ademais de falar sen saber, só o moven outros intereses.
    Acórdese tamén señor alcalde, de gobernar tamén de paso as oficinas da propia alcaldía, que polo que se oe pola rúa, cando vostede chegou a elas estaban en paz e, arduo traballo lle levou desbaratar a armonía laboral. Métase no seu traballo e deixe o dos outros, e acórdese de que o “acoso laboral” do que fala, haino que demostrar, non se pode calumniar dese xeito a ninguén.

    ATT: unha persoa que lle da vergoña dicir que votou para o BNG Carnotán. Fóstedes moi lonxe sen ter nin idea, e saber moitas verdades posiblemente vos deixaran coa boca aberta.

    ResponderExcluir
  3. unha vergonza o que estades a facer...

    ResponderExcluir
  4. A traballadora municipal despedida polo PP é a mesma que se lle abreu un expedente por deixar os zurull... durante dias nos baños, con fotos incluídas? A mesma que ia na lista do BNG no 2011?
    Hai señores do BNG de Carnota, coma se vos nota o corporativismo irresponsable, defendedes causas onde estén os vosos, e olvidadesvos do que tendes na casa votando a xente a rúa...Pouquiña vergonza.
    Meu pai fui usuario deste servicio, e encantado del.
    Decir que efectivamente o local era angosto, pero o Sr. Noceda preocupase agora del. Onde están as movilizacións?tiña que montar unha "marea branca" pero el ocupase doutros "temas", denunciando a políticos e pedindo dimisións.
    Onde está os SOS Centro de Día de Carnota? Ah, xa en Muros.
    Xa, porque non sae do Concello de Muros. Será a basura, será a auga, será,será...porqué se lle se ve tanto dentro do Concello de Muros Sr. Noceda?
    El defende "os seus", os demais...xa sabedes.
    Por certo, tan poucos lemos as novas que aparecen neste blog? Polo menos os que escribides esto poñede o voso, que sabemos que tempo tedes.
    Un ex-usuario do Centro de Día.
    Eu tamén votei a BNG, e a miña dona, e o meu irmá, e a miña nai, e os meus fillos...no 2011, pero NUNCA MAIS, Noceda ou da mesma estirpe...tivo unha segunda oportunidade e é tan mala coma a primeira, este home non cambiou nada...so hai que velo falar...está en contra do mundo, de todos e dos que xa non pensan coma él.
    BNJAJA 10 votos menos no 2014.

    ResponderExcluir
  5. Tantas probas había contra ela que o xulgado obrigou a readmitila e condenou ao concello por vulneración de dereitos fundamentais.
    O traslado do Centro de Día veremos en que acaba, polo momento o concello fixo o que tiña que facer que era denunciar a Xunta por vulnerar un convenio vixente, e se non houbo "marea branca" sería porque aos perxudicados directos -entre os que supostamente te atopas- non vos dou a gana de mover o cu.

    ResponderExcluir
  6. Oju...tiven que releer o que escribes...pensei que estabas a falar da vulneración de dereitos fundamentais, coma votar a rua a unha traballadora en redución voluntaria de xornada para garda legal de menor...ah...non era esa...tamén quen asesora, aljunha xurispurdencia debería de ler, non sei se aljo de laboral lle deron na facultade a que defendeu esa causa...deixao aí, pero para falar con propiedade mellor ler a sentenza, coma sejuro doutro exemplo que está a salir últimamente nos medios, e que se di nulo,,,non, non...nas preliminares a traballadora renunciou...as veces a verdade difiere do conto....so hai que ter acceso a publicación das sentenzas para saber a verdade, o demais contiños.
    Non podo ser marea branca xa que desgraciadamente xa non teño relación con este servizo, ojalá puidera ser...pero tampouco me importaría ir a Vila, xa que tampouco hai tanta distancia e, sejuro que tampouco iria xa que nas "mareas" que participa o nostro alcalde, hai bandeiras das que non quero estar cerca...
    A denuncia, estou de acordo..oxala se demostre a ruptura de claúsulas contratuales, polo menos que compensen os custos do servizo, neso si que vamos estar dacordo...
    Das miñas palabras non se debe esenciar a quen defendo e a quen non, e a tua resposta así o denota...eu, o sinto estou DEFRAUDADO con este señor e os seus comensales que so fan queixarse do puetado que están...

    ResponderExcluir
  7. Na casa do ferreiro...o do acoso laboral queda un pouco fora de sitio, a vista da nova da segunda sentenza de nulidade por vulneración de dereitos fundamentais.
    Si, si...a ver a palliña e, votando a xente que non pensa coma o facedor de entortos.
    É parece que detrás veñen 4 mais...e di de consolidar os postos de traballo...Jejejeje que se vos ve o plumeiro e a estrela roxa enrriba da perreira...

    ResponderExcluir
  8. Aqui hai moito (ou pouco, que pode ser un só) anonimo que non da a cara, e casualmente todos votaron ao BNG. Xente que pide que haxa "mareas blancas" pero despois di que a fagan outros, que "non teño relación con este servizo".
    Se é verdade que o votastedes igual era boa cousa que en vez de falar merda por internet forades falar coa xente do Bloque para decirlle o que estan a facer mal e contarlle a vosa opinion.

    Pero quizais o unico que interesa é falar merda, e realmente non hai intencion de arreglar nada.

    ResponderExcluir
  9. O máis lamentable é que o mesmo que cos seus enchufes, derroches, despilfarros e corruptelas provocou a bancarrota do concello (DON JOSÉ DOMINGO CIPRIANO OREIRO) agora veña de salvapatrias e ainda por riba teña quen lle faga caso. Todo Carnota sabe que a plantilla do Concello non se pode estirar máis con menos, que levaba anos fora de toda lóxica e por fin que agora alguén se atreve a meter man todo sexan problemas!

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: