![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiiH1YmQDL6Et7gfv6i2p4W5om7_pCCsEzQ-Jo8Cmi3p4F3dMhzzTb6lqD1eKWfPXJYWLwn22UqpU_MSW5lVY42RNkQrMb9WKFsVbOIJVQeXrRR569YVjo9J4ge5IqBHrdo5gClTA/s320/Foto+Boletin+local+Carnota.jpg)
O pasado venres Carnota recibiu a visita dunha comitiva de membros de áreas da Xunta xestionadas polo
BNG, para interesarse polos diversos proxectos postos en marcha no noso concello. A comitiva estivo encabezada polo
vicepresidente da Xunta,
Anxo Quintana, que estivo acompañado en todo momento polos membros do Grupo Municipal do BNG. Estes aproveitaron a ocasión para transmitirlle ao
vicepresidente e
candidato do BNG a presidir a Xunta diversas iniciativas dos seus compañeiros nacionalistas de Carnota e dos veciños, asi coma
impulsar os proxectos aprobados na anterior lexislatura (
Galescola,
Residencia,
Parque empresarial...) que a actual
conxuntura política local impediu que teñamos xa en funcionamento.
A pé de portiño, revista e sorpresa
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgO3n7DTZsZmM4z_gmdu5kqVPP9ATMWqzCEf3EZKN8XpY6tpZ9FBROZKWe7DWUtISwj39QZycnMpMcI3MBqJuOCiR_E3IJB7Kl8sby2wScrKccSHiAQUgk-FKxIDc8cl9cos2qtpQ/s320/quintanaCarnota3.jpg)
Tampouco fallou á cita con Carnota a conselleira de
Vivenda e Solo,
Teresa Táboas, nin a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda,
Encarna Otero, asidua visitante e amante do noso concello, que quixeron ver de preto os traballos de
rehabilitación das casetas mariñeiras de
Caldebarcos, que
xa contan cun plano especial de protección.
A sorpresa do día chegou de man do propio Quintana, que
anunciou unha nova partida de 100.000 euros para continuar coas actuacións do plano especial que ademais permitirá rehabilitar 47 casas e adecentar o entorno. Tamén quixeron destacar os esforzos do BNG para seguir nesta positiva liña de actuacións en toda Galiza, que xa se traduciu polo momento en 200 millóns de euros de investimento e 22.089 vivendas rehabilitadas.
“Galiza ten o parque de vivendas abandonadas ou en ruína máis grande de Europa e polo tanto estamos a facer un esforzo importante en materia de rehabilitación”. E queren aproveitalo mediante un "forte compromiso deste Goberno en materia de rehabilitación de vivenda e reconstrución urbana e renovación de espazos públicos".
Calor humano no Centro de día de Pedramarrada
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJl65xr7psyD8QqlMKn2z8KBcJAR8Fh0mS-woCZ2dJw4wuHv-k2rRoA5NL09TQ3yvDXvKuP-slcIcmijNozwUliRv1kkqprz4C9zR_wHGOWMrHwAl07eDqH9_j05XVc_OG_aDpKw/s320/centroDiaCarnotaQuin.jpg)
Anxo Quintana tamén fixo unha visita ao
centro de día de Carnota, onde foi cariñosamente recibido por traballadores e usuarios, cos que mantivo unha conversa durante a que se lle tramitiron suxestións para seguir mellorando a oferta de servizos para cos nosos maiores. Esta infraestructura, que naceu dunha vella reclamación do BNG reflectida na acción de goberno da nosa concelleira e compañeira Merche Díaz, púidose ver por fin en funcionamento a principios desta lexislatura encadrada no
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cuns resultados moi positivos para a saúde e a calidade de vida dos nosos maiores e para a independencia dos seus familiares e coidadores.
Discriminación, u-la?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgWJ7EZ99zfrUxksakDwv1bIcBwiHN0ub3EPfuPgxapjwNM13bGyxDXnge5zDIjQsUBdgHx6f18zxMYU4j-Hle5TEMoBkmsfRuXTAQv9qpkdqJLeJBqjuin_NyLR8sCL4DcTjlnQg/s320/quintanaOreiroCdD.jpg)
Por último, cabe salientar a cálida acollida do alcalde popular de Carnota José Oreiro a Anxo Quintana ás mesmas portas da Casa do Concello, que charlaron sobre os proxe
ctos que as diversas áreas de goberno do BNG na Xunta teñen pensados para Carnota, e como non podía ser doutro xeito José Oreiro tamén puido transmitirlle as súas propostas. Isto contrasta coa suposta
discriminación institucional que o alcalde leva denunciando desde que prácticamente ocupou o cargo, o trato pareceunos impoluto e se non puido ser máis extenso foi pola apretada axenda da comitiva nese día, pois ademais de Carnota xa viñan visitar os concellos de
Outes e
Muros.
Isto fainos pensar que con verdadeira vocación de servizo ao cidadán as naturais diferencias de tipo político difumínanse. Animamos ao señor Oreiro e o seu equipo a entender que a confrontación non é o camiño, senón substituír a -ata agora- actitude pechada, distante e desconfiada coas restantes administracións por verdadeira vontade de chegar a acordos para mellorar o noso concello e a vida dos nosos veciños. Neste xogo
o único que gaña ou perde é Carnota. O BNG, polo menos, entendeuno sempre asi.
Acabo de quedar de pedra:
ResponderExcluirhttp://quin.tv/video/en-ruta-co-065
Sale o alcalde da Serra de Outes (do PP) poñendo polas nubes a xestión de Quintana, e ofrecéndolle unha chea de terra para seguir facendo cousas alí. Logo tan malo non será o BNG, ¿non?
Pois si, xa se ve o que discrimina o BNG a Carnota. Debe ser outra das escusas de Oreiro para xustificar que o concello non fixera absolutamente nada en dous anos. Da verdadeira lastima e rabia pensar todalas oportunidades que perdiu Carnota por culpa do PP. Esperemos que dentro de dous anos volvan as aguas ó rego, oxalá o BNG volva a governar para "recargar" Carnota.
ResponderExcluir