O pasado luns 9 de xuño Encarna Otero Cepeda (directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta) visitou Caldebarcos para entrevistarse coa empresa que vai comezar de inmediato coas obras do proxecto para a rehabilitación das casetas mariñeiras tradicionais de Caldebarcos, iniciativa promovida pola propia Consellaría de Vivenda e Solo xunto coa Confraría de Pescadores do Pindo e na que xa levan traballando varios meses.

Encarna Otero manifestou que é obxetivo do seu departamento a recuperación e valorización do noso patrimonio mariñeiro, e que xa están traballando para a posta en marcha dun plano de rehabilitación integral da totalidade das casetas tradicionais de Carnota, en colaboración ca Consellaría de Pesca e mais coa Demarcación Xeral de Costas de Galiza.

Á entrevista con Encarna Otero asistiron a secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo e concelleira do BNG, Merche Diaz, os membros do goberno municipal Marisol Piñeiro e Santiago Brea, o presidente da Comunidade de Montes de Caldebarcos, César Cambeiro, e tamén representantes da empresa adxudicataria do proxecto.

Máis tarde Encarna Otero visitou os traballos doutra potente iniciativa para a posta en valor do noso patrimonio tradicional, a rehabilitación do impresionante conxunto de muíños de Caldebarcos e adecentamento do seu entorno, convidada por César Cambeiro e Belén Campos, membros da xunta rectora da Comunidade de Montes da localidade, que promove o proxecto. Durante a visita a directora xeral coñeceu a importante labor que xa levan feita e que significará ver restaurados en pouco tempo a totalidade dos muíños da localidade. Ademais puido atender ás explicacións ofrecidas pola arquitecta que dirixe a restauración do precioso conxunto e que os acompañou na saída.

4 comentarios:

  1. Anônimo on 12/6/08 17:44

    As que vivimos fóra de Carnota non deixa de sorprendernos que o Alcalde, non apareza estando de visita unha figura institucional da relevancia de Encarna Otero, e que para recibi-la figuren os seus escudeiros. Pésame dici-lo, pero en Carnota estades sen Alcalde.

     
  2. O Trasno on 16/6/08 01:53

    Ben ten razón a anónima en canto a preguntar onde estaba o alcalde de Carnota.
    Pero penso que o cualificativo de escudeiros esta de mais, ao menos hasta que alguén de unha explicación do por que non estaba o Sr. Oreiro.

     
  3. Anônimo on 8/7/08 00:04

    Constame que o alcalde estaba en Carnota en dita data.

     
  4. Carnotxo on 8/7/08 11:08

    É que a este alcalde os proxectos de verdade danlle urticaria, o seu é imaxinar que fai muito.

     

    Ler máis...

    Arquivo

    Categorías