O goberno municipal de Carnota asegurou nun artigo publicado hoxe mesmo na prensa que a residencia de maiores prevista para Carnota polo anterior goberno municipal «non está entre as súas prioridades».
No artigo recoñécese que a proposta chegara de man do candidato nacionalista no contexto das pasadas eleccións municipais, e coa que o propio vicepresidente da Xunta Anxo Quintana amosara o seu firme compromiso, mais que tras os comicios e co cambio de goberno municipal o proceso quedou «estancado» pois o actual executivo decidiu que non entraba nos seus plans (que logo de 17 meses aínda estamos por saber cales son).
Aínda nos choca escoitar iso poucos meses despois de que o goberno municipal botara abaixo a Galescola contratada e puxera en tea de xuizo o Centro de Día xa en funcionamento co pretexto de que pretendía promover un «centro interxeneracional» (do que nunca máis soubemos) no que se agruparan os servizos sociais de Carnota, e nomeadamente gardería infantil, centro de día e a propia residencia.
Se ben a proposta de agrupar eses servizos parece tan inxustificada coma o feito de teren rexeitado xa proxectos reais coa excusa de buscarlle «un sitio mellor» -co enorme atraso que esa filosofía supón-, que agora digan que para eles eses servizos sociais non son importantes confírmanos que o problema non foi nunca da ubicación disposta nos proxectos orixinais, senón que o PP se nega a que Carnota dispoña deses servizos mentres esté no goberno. E punto.
De feito esta xa se converteu na tónica da lexislatura: O BNG a loitar por que Carnota siga avanzando en servizos sociais, calidade de vida, emprego... e o PP a desmantelar todo o que toca.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
o que faltaba.... dentro de 3 anos non van quedar nin as ascuas do que algun dia fui o Concello de Carnota. En só un ano volvemos a como estábamos hai 15. E o peor de todo é que aínda presumen das suas fechorías.
ResponderExcluirCreo que Carnotxa da no clavo ca súa mensaxe: de momento o PP só nos trouxo ATRASO. Xa perdemos todas as oportunidades de situar a Carnota nun prazo razonable como un referente en servizos sociais e do que debe ser un concello ao servizo dos cidadáns. Os veciños pagan máis que nunca por que lle den menos servizos que nunca. Os únicos que saíron gañando co cambio son os do PP, e nin sequera os votantes ou afiliados, senón os dous ou tres individuos que encabezaron a lista e un par de favores que estamos pagando TODOS.
ResponderExcluir