AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/02/2015

Desmontamos as mentiras laborais do PP e do PSOE

Comparte e opina:
Non nos colle de sorpresa que logo de toda unha lexislatura desaparecidos, os candidatos de PP e PSOE precisen algún titular co que atacar a xestión municipal do BNG nas follas dos periódicos. Nin tampouco que despois de catro anos nos que só presentaron dúas ou tres mocións entre os dous partidos da oposición, a meses das eleccións estén dispostos a recurrir á mentira para lograr desesperadamente atención. A última ocurrencia deles foi afirmar que a redución de plantilla desenvolta polo goberno local para axustar o personal municipal á realidade económica e poboacional do municipio custou ás arcas de Carnota varios centos de miles de euros, unhas cifras absolutamente disparatadas que non podemos nin explicar de onde as sacan.

O BNG de Carnota publica para coñecemento de toda a veciñanza o resumo das cifras reais do aforro que supuxo a medida de redución do personal, concretando cal foi o custe real para o concello da opción finalmente executada (cifras salientadas en negriña), con respecto á outra opción das posíbeis.


1. Cese 2. Readmisión (Continuidade no posto) Diferencia
POSTO INDEMNIZACIÓN SALARIO DE TRÁMITE SEG. SOCIAL
Técn. urban. 36.364,00 35.825,16
538,84
A.D.L. 31.390,00 13.357,00 10.463,55 28.496,55**
A.D.L.* 22.026,84 23.818,00
-1.791,16
Técn. inform. 13.468,34 12.217,28
1.251,06
Peón obras 19.000,00 22.845,00 7.615,00 11.460,00
Peón obras 33.000,00 25.697,00 8.566,00 1.263,00
Monitor dep. 51.000,00 31.675,00 10.558,00 -8.767,00
*Pdte. Sentenza firme do TSXG Aforro logrado ata a data: 32.451,29 €
**Inclúe o aforro de 18.033€ no salario de trámite polo tempo que traballou noutro lugar

Asi as cousas, as cifras demostran que a día de hoxe o Concello xa conseguiu aforrar 32.500 euros coa medida, incluso nos casos en que o Xulgado invalidou a decisión extintiva. Ademais este aforro seguirá incrementándose cada mes que pasa, e servirá para que Carnota atenda os seus compromisos coa veciñanza sen que esta percibira unha merma na calidade e cantidade dos servizos que se lles presta, ao mesmo tempo que se foron saldando as débedas cos proveedores e saneando pouco a pouco a situación económica xeral. Será iso o que lles amola a PP e PSOE, que hoxe Carnota cumpre coa veciñanza e coas empresas, que en vez de escapar do Concello desexan traballar con nós.

Resposta ao "conseguidor" Suso Campos
Novo Parque de Canedo financiado pola Deputación (autor)
Máis humor merece a nosa resposta á recente intervención radiofónica de Xesús Campos, do PSOE, que acusou ao alcalde Ramón Noceda de non ter pedido subvencións á Deputación da Coruña (onde Campos ocupa un cargo accidental) e mesmo asegurou poder mediar de "ponte" para que Carnota obteña cartos da Deputación.

O primeiro é falso, de feito vense de inaugurar un fermoso parque infantil en Canedo financiado pola Deputación, por nomear un proxecto destacado. Sobre o segundo, non imos valorar sequera o tufo caciquil da "oferta", pois o edil está presumindo abertamente de que pode conseguir uns cartos públicos que só poden proceder dun concurso público, legal e regulado. Pero Suso Campos esquece que ningunha subvención cubre o cen por cen dun investimento, senón máis ben unha mínima parte do mesmo, e sobre todo esquece que a unanimidade da Corporación (e el mesmo) aprobaron a principios de mandato un Plan de Axuste que prohibia expresamente ao Concello solicitar subvencións excepto se cubren o 100% do investimento. A medida pretende evitar que ningún goberno se dedique a pedir todo tipo de subvencións que non cubran nin de lonxe os investimentos que obriga a realizar, e logo deixe no caixón a débeda que non pode afrontar, ata que outro se ocupe.

O BNG de Carnota lamenta que todo o interese de Suso Campos en Carnota, alén de apoios plenarios puntuais, se limite a este tipo de desbarres mediáticos que afean a longa traxectoria do PSOE neste municipio. Se tan interesado estaba en axudar ao seu pobo natal podía ter presentado algunha moción (só trouxo aquel proxecto faraónico de CarnotaFit), e se é tan influinte na Deputación como di ser, ben podería terse mobilizado en apoio das diversas asociacións veciñais do noso municipio que pediron axudas á Deputación durante estes anos, pois viñeron rexeitadas unha e outra vez sen explicación algunha, cercenando deste xeito importantes e interesantes proxectos veciñais no noso Municipio. Polo que se ve iso non merece a crítica dos deputados do PP e PSOE, será que non lles resulta tan mediático axudar a unha asociación veciñal a lograr os seus obxectivos.

Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: