AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

16/09/2015

Novo parque infantil no Pindo

Comparte e opina:
Detalle do proxecto do novo parque
O goberno municipal do Concello de Carnota vén de aprobar en solitario no último pleno (coa abstención de PP e PSOE) a creación dun novo parque infantil no Pindo, co que aumenta a oferta de lecer para os cativos e adultos desta parroquia. A infraestructura, cuxas obras comezarán de inmediato, situarase nun baldío municipal ubicado no porto do Pindo e contará cun orzamento de 49.014,20€.
O investimento converterá unha parcela en desuso dunha zona de xogos infantís de 234 metros cadrados ben separada do tráfico rodado e con balancíns, columpios e tobogáns. Asi mesmo contará cunha área biosaudábel para exercicios de adultos de 73 metros cadrados. Todo o conxunto estará rodeado dunha ampla zona verde e crearanse ademais 67 metros cadrados de novos aparcamentos, pois é unha zona que -sobre todo no verán- tende a saturarse bastante de coches.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: