O compsromiso adquirido polo BNG coa mocidade do noso municipio na pasada campaña electoral xa é por fin unha realidade: esta noite inaugúrase en Lamas de Castelo (Pedrafigueira) a
Casa da Xuventude de Carnota, unhas novas instalacións destinadas ao uso e goce da mocidade do noso concello, e que contará, entre as súas instalacións destacadas, un local de ensaio a dispor dos grupos e artistas musicais do noso municipio, e do que pronto se presentará o regulamento de uso.
 |
Cartel do acto inaugural. Fonte |
Para este proxecto o
Concello de Carnota acondicionou
un local municipal en desuso sito en Lamas de Castelo. Despois de varios meses de traballos, que contaron coa axuda da
Deputación da Coruña, por fin esta noite, 24 de marzo terá lugar a inauguración das instalacións por todo o alto, para o que se contou coa colaboración imprescindible da
Asociación Gremio de Músicos de Carnota. A cita arrinca ás 20:00h cunha
churrascada, tras o que se desenvolverá unha
charla sobre as as actividades da asociación e o funcionamento do novo local de ensaio. Logo, por suposto, haberá sitio para a
música en vivo coas actuacións de Carlos Arcay, presentando o seu novo traballo
Genesis, e a banda local
URD, presentando Liitus. Tamén está prevista a colaboración da escola de música municipal e mesmo unha
jam session aberta a quen queira subir a tocar.
O BNG de Carnota congratúlase ante este novo servizo público que o Concello prestará desde hoxe á súa mocidade, agardando que sexa do seu gusto, e comprometémonos a seguir mellorando a oferta dirixida á veciñanza máis moza, pois nela reside o futuro do noso Concello.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!