AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

30/03/2017

En marcha as obras do edificio municipal do Viso e a reforma da Casa do Concello


Despois de varios anos de parálise dos traballos do edificio municipal do Viso (San Mamede), o goberno nacionalista de Carnota tivo por fin a posibilidade de destinar unha partida dos recursos económicos precisos para reanudar as obras, cumprindo asi co seu programa electoral.

Asi Carnota disfrutará por fin, cando menos en parte, dun edificio municipal cuxa tramitación polo anterior executivo local do PP foi absolutamente rocambolesca, sen ter moi claro para que serviría nin como facer fronte aos 700.000€ que o Concello tería que achegar ao proxecto, e que debían xustificarse antes de 2017, baixo risco de ter que devolver o importe total do investimento inicial, procedente de fondos europeos; unha ameaza que poñía en risco a propia viabilidade do Concello de Carnota. Porén, o inxente esforzo da actual corporación para sanear as arcas municipais e pagar as débedas herdadas comeza a dar os seus froitos, e este ano, o primeiro da serie histórica recente con remanente de tesoureiría positivo, puido afrontar por fin a delicada situación que lle causou a mala xestión do edificio do Viso polo PP.

Varios membros do goberno local visitaron recentemente as obras, que agardamos ver rematadas en 2017. Como resultado desta fase, licitada por un importe de 200.000€ que achegará en boa parte a Deputación, o goberno espera poder abrir o ao público os andares baixo e primeiro do edificio e deixar a punto varios dos locais, que serán os que albergarán, entre outros servizos públicos, a Escola Municipal de Música (ESMU Carnota), que contará por fin cunhas instalacións apropiadas e definitivas que farán xustiza a un dos servizos municpais mellor valorados pola veciñanza.

A improvisación condenara esta infraestrutura a un retraso de case 5 anos sobre a data de remate das obras, prevista inicialmente para febreiro de 2012, e tamén as delicadas finanzas dun concello asfixiado polas débedas. Afortunadamente esa situación crítica foise superando e hoxe o Concello de Carnota, coas súas arcas practicamente saneadas, pode afrontar cun maior optimismo o seu futuro, e garantir e incluso mellorar a prestación dos servizos básicos á veciñanza.

Asinado un convenio coa Deputación para reformar a Casa do Concello

Por outra parte Xose Regueira, deputado provincial, e Moncho Noceda, alcalde de Carnota veñen de ratificar un acordo para a reforma da Casa do Concello de Carnota con axuda da Deputación da Coruña. A obra, que contará cun orzamento de 89.600€, permitirá a reforma da ala do edificio na que están situados salón de actos e biblioteca municipal, entre outras dependencias e servizos á veciñanza.
Etiquetas: , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: