AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

04/08/2018

Emilio Louro, novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Comparte e opina:

Moncho Noceda pon fin á súa traxectoria na alcaldía cunha aposta pola continuación do proxecto do BNG e pola renovación das ideas

Emilio Louro, Milucho, candidato do BNG Carnota
A Asemblea Local do BNG de Carnota proclamou esta tarde por unanimidade a Emilio Louro Lamela, máis coñecido entre a nosa veciñanza coma Milucho, como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota.

A decisión chegou despois dun proceso de reflexión interna iniciado logo de que Moncho Noceda, actual portavoz e rexedor do noso municipio, comunicara recentemente á Asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota, ao atoparse xa preto da súa idade de xubilación. Foi precisamente Moncho o encargado de transmitirlle a Milucho que fora proposto pola asemblea. Finalmente aceptou, segundo explicou, pola necesidade de continuar co proxecto nacionalista que levou a Carnota en só oito anos de ser un concello intervido e ao borde da insolvencia a ser viábel e estar saneado, mantendo e mesmo mellorando as súas políticas sociais.

Emilio Louro é un veciño de Lariño de 52 anos moi coñecido pola súa longa traxectoria de compromiso nacionalista e pola súa dilatada e demostrada capacidade xestora á fronte de movementos sociais e veciñais. Por esta experiencia é que a organización do BNG optou por el, ao consideralo a mellor opción posíbel para a alcaldía de Carnota, e ser quen de continuar co traballo do equipo de Moncho Noceda pero tamén de achegar as ideas frescas necesarias para transformar Carnota e multiplicar a calidade de vida da nosa veciñanza.

Nesas premisas é precisamente nas que se vai basear este novo proxecto do BNG para Carnota: consolidar o proxecto serio, honesto e solvente que o caracterizou os últimos 8 anos, mais tamén innovar e propoñer novas ideas e iniciativas para aproveitar a boa situación xeral do municipio e desenvolver un Concello máis social, útil e xerador de oportunidades de vida e traballo para o conxunto da veciñanza que xa está, e da que está por chegar e retornar.

O BNG de Carnota quere agradecer en primeiro lugar a Milucho Louro que aceptara encabezar a candidatura, pois é evidente que non é doado tomar unha decisión de tal magnitude cando levas toda unha vida orientada fóra do ámbito político. Pero sobre todo, queremos agradecer a Moncho Noceda case oito anos de absoluto empeño e compromiso co complicado reto de salvar Carnota da debacle en que a sumiu o PP, con todos os factores e gobernos en contra, malia o que soubo facer un gran traballo que nos permite hoxe afirmar que vivimos nun concello saneado que erradicou o enchufismo e caciquismo; ademais é moi loábel que Moncho anunciara que se volcaría para que o novo proxecto do BNG liderado por Milucho Louro acade o éxito, e para que o pobo de Carnota continúe no bo camiño. Neste senso e coa maior ilusión poñémonos a traballar de inmediato, todos e todas.
Etiquetas: , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: