AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

31/08/2018

«Temos un Concello único, o máis parecido ao paraíso»

Comparte e opina:

Entrevista a Emilio Louro, novo candidato do BNG de Carnota

Quen é Milucho?

Son un veciño de Lariño de 52 anos que desenvolvin a maior parte da miña vida profesional, nada menos que 26 anos, na Confraría de Pescadores de Lira; participo activamente no movemento asociativo veciñal, sendo presidente da AA.VV. de Lariño durante 9 anos, e tamén son patrono da Fundación Lonxanet para a pesca sostible desde o 2001.

Que sentistes cando a militancia do BNG che elixiu de candidato?

Gran satisfacción e agradecemento polo nivel de respaldo e consenso da militancia, e ao mesmo tempo a enorme responsabilidade de ter que continuar un traballo encomiábel.

Como asumes o testemuño de 8 anos de goberno do BNG?

O equipo de goberno fixo fronte ao saneamento das contas municipais, malia o que foi quen de cumprir en gran medida o seu programa e de facer participe a veciñanza da vida municipal, un gran traballo de transparencia.

No caso de chegares a alcalde, cal será a túa estratexia?

Seguir na mesma senda e achegar algunha idea nova. Temos un Concello único, o máis parecido ao paraíso, e debemos mimalo e tamén facer del un concello onde vivir dignamente e do que toda a veciñanza se sinta orgullosa. Temos un mar moi rico que se pode explotar responsábel e substentábelmente, como xa temos demostrado; temos unha terra outrora moi produtiva e podemos recuperala; temos un patrimonio cultural, artístico e paisaxístico a coidar e potenciar como se merece; temos unha gastronomía que fai de Carnota punto de referencia para moitísima xente; pero sobre todo temos capital humano para levar a cabo todas aquelas metas que nos propoñamos: se algo caracteriza á xente de Carnota polo mundo adiante é a súa capacidade de traballo e de iniciativa, e día a día estamos a ver como veciñas e veciños, con grandes responsabilidades, levan a cabo proxectos importantes que nos poden marcar o camiño.

Que aspectos da túa experiencia serán positivos para Carnota?

A miña etapa na Confraría de Lira foi moi interesante; deses 26 anos pode facerse un balance moi positivo, e á vista están os avanzos a nivel de infraestructuras portuarias e tamén de visibilidade; mesmo fomos un exemplo para outras organizacións de moito maior tamaño que nós, e que vían en Lira un modelo a seguir. Pero esta etapa tamén tivo sombras: a crise económica afectou de forma moi grave a Confraría, ao que se sumou a desaparición das axudas económicas e o descenso da venda en lonxa, complicando moito a situación.
Por outra parte a miña participación activa na asociación veciñal de Lariño fíxome entender a gran importancia que ten contar coa participación veciñal activa no deseño dun mellor futuro, e asi desexo facelo desde o Concello de Carnota, contando coa súa opinión desde a elaboración dos orzamentos ata para calquera actividade cultural e deportiva.

Que mensaxe dirixes á veciñanza que está sen traballo ou tivo que buscar as oportunidades fóra?

Debemos visibilizar o noso Concello coma un lugar onde poder voltar para aquelas persoas que tristemente tiveron que emigrar por carecer de oportunidades na terra que os viu nacer, e para aquelas de fóra que saben que este concello pode desenvolverse cos recursos existentes. Temos que traballar arreo para reverter o alarmante dato do descenso paulatino no número de veciños e veciñas, e debemos centrar todos os nosos esforzos para mellorar a calidade de vida de toda a xente que vive en Carnota e avivar o interese para que se poida vivir con dignidade no noso municipio.

Cres que o esforzo para sanear Carnota vai dando froitos?

Valoro moi positivamente o traballo levado a cabo polo equipo de goberno e que fixo que a situación económica mellorara considerabelmente; agora empezamos a ver a luz ao final do túnel, e aínda que falta camiño por andar creo que a finais desta lexislatura estaremos moi preto do déficit cero.

A histórica aposta do BNG polo medio natural de Carnota foi un acerto, é hoxe un motor económico; que retos hai pendentes?

Contamos cuns valores medioambientais impresionantes, coa Praia de Carnota e o Monte Pindo como bandeira; xunto con outros eses teñen que ser motores importantes para dinamizar o municipio.

Coñeces o Concello que recibes; que Concello quixeras deixar?

Gustaríame deixar un Concello sostible, o que non resultará doado pois teñen que darse moitos condicionantes; pero co traballo sen descanso que me comprometo a desenvolver se a nosa veciñanza confía en min para ocuparme da alcaldía de Carnota, xunto co equipo de goberno e tamén coa axuda da oposición, estou seguro que podemos conquerilo.

Este artigo aparece publicado na Moa nº 35, consúltao aquí!
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: