AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

18/09/2018

Renóvase Galiza Nova na Costa da Morte

Comparte e opina:
O ceense Pablo Álvarez e a camariñá Noela Rial liderarán a organización xuvenil na nosa comarca

Pablo Álvarez e Noela Rial, novos dirixentes de Galiza Nova
A mocidade do BNG, organizada en Galiza Nova, conta desde esta semana con novos referentes na nosa comarca. Ocupará a responsabilidade comarcal Pablo Álvarez, veciño de Cee de 21 anos, estudante de Ciencias Políticas e grande artífice e referente na loita pola recuperación ao patrimonio público do Castelo do Príncipe da Ameixenda. Acompañaranos coma vicerresponsábel a moza camariñá Noela Rial e Tomás Facal, veciño de Zas, nas tarefas de organización.

“Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, mais sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa terra. Debemos ter en conta que nos tocou vivir un tempo nos que estamos a estudar sabendo que o futuro cerca da casa é moi difícil, mais iso ten arreglo se entre todas e todos somos quen de reverter as políticas neoconservadoras coas que nos levan castigando dende fai ben tempo”, en palabras de Pablo Álvarez.

Galiza Nova conta cunha dilatada traxectoria na Costa da Morte desde hai case vinte anos, durante os que contou con dous responsábeis comarcais veciños do noso Concello, que sempre proporcionou unha achega importante de militancia e acolliu ata tres edicións das Xornadas de Verán, que xunto ao Festigal é o evento máis importante que a mocidade nacionalista organiza cada ano no País.

Desde o BNG de Carnota queremos brindar todo o noso apoio para o éxito desta nova andaina, e convidar a toda a mocidade do noso Concello a sumarse á loita para a mellora das condicións de vida da xente nova nunha comarca deprimida onde as oportunidades para traballar e mesmo para estudar son cada vez máis escasas.

Pode pertencer a Galiza Nova da Costa da Morte toda persoa de ata 30 anos que se considere nacionalista e que resida ou proveña dalgunha das nove localidades que conforma a comarca: Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Vimianzo e Zas. Dentro de Galiza Nova é de destacar que a militancia feminina tamén conta, ao igual que no BNG, cunha organización feminista propia e non mixta para dar resposta ás súas problemáticas, a Asemblea de Mulleres.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: