AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

30/11/2020

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 2)

Hoxe empezamos coas preguntas que fixemos por escrito presentado o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro:

        Despois da súa visita a augas de Galiza, cal é o compromiso deste organismo co saneamento de Lariño?

Resposta: Reunironse ca directora xeral de Augas de Galicia que xa sabe do proxecto. É a Consellería de infraestructuras quen ten que valorar. Pediron xa unha cita con Ethel Vázquez.

Conclusión: Menos mal que en augas de Galiza coñecen o proxecto que fixeron eles! O certo é que despois da tan anunciada reunión segue sen haber compromiso algún por parte de Augas de Galiza co saneamento de Lariño, como xa vimos no publicado na Voz de Galicia do día 24 de novembro.

 


 

        Por que non se publican os contratos menores no perfil do contratante do Concello conforme ao artigo 63.4 da LCSP?

Resposta: Foi un problema técnico e xa fixeron hoxe (26/11/20) as publicacións.

Conclusión: Un problema técnico que dura máis dun ano e casualmente resólvese unha vez presentada a pregunta por escrito por parte do BNG. Aplaudimos a resolución do “problema técnico” e agardamos que no futuro se resolvan de forma máis áxil eses problemas, do contrario aquí estaremos vixiantes para que se cumpra coa Lei.


 

 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: