AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

06/11/2020

VALORACION ACORDO PLENARIO DO PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA AMBIENTAL DO CAMPO DE FUTBOL DE LARIÑO

Comparte e opina:



 

Despois da aprobación do Proxecto Modificado de Mellora Ambiental do Campo de Fútbol de Lariño adoptado no Pleno Extraordinario celebrado o 5 de novembro queremos compartir con todos o noso posicionamento ao respeito:

-          Dende o Grupo Municipal do BNG, valoramos positivamente o cambio da proposta inicial por parte do Goberno Municipal e que se teña en conta o proxecto orixinal impulsado polo anterior  Goberno Municipal do BNG, e aprobado xa en pleno en dúas ocasión, aínda que teña que realizarse en dúas fases.

-          Lamentamos enormemente que non se buscase un consenso e non se contase có BNG para sinatura do acordo que firmaron entre o PSOE e o PP, xa que, nesta ocasión, SI estamos dacordo coa proposta de executar o PROXECTO COMPLETO, algo que tanto temos defendido, para non faltar ao respecto á veciñanza de Lariño e darle una resposta o que se ten decidido en Asamblea Veciñal no seu día de cesión do Campo de Fútbol para ese fin concreto.

-          A nosa abstención no Pleno responde exclusivamente ao descoñecemento da proposta que tiñan pactada entre o PSOE e PP sin contar coa participación do BNG.

-          Estaremos vixiantes e moi atentos a que ese acordo se cumpla en tódolos seus termos. Agardamos que se execute á maior brevidade posible e que non quede esquecido como anteriores acordos plenarios. 

 


Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: