
- Portada
- A Moa
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Nas eleccións dos vindeiros anos van gañar importancia o vídeo e a propaganda viral audiovisual, debido ao fabuloso impacto que a televisión participativa ten para o marketing político. Pero os cidadáns tamén falan e cada vez aportan máis munición propia en internet. A política xa se televisa na Rede e o audiovisual, co seu enorme poder, deixa de ser un monopolio dos titulares das licencias televisivas ou das grandes canles.
ResponderExcluirA propaganda da imaxe é máis rendible que a palabra, e en consecuencia o vídeo participativo tense convertido xa nunha forza política de primeira orde, grazas a youtube e a outros servidores abertos. Nos EE.UU. (varios exemplos), en España en 2004 (Hay Motivo) e en Galicia en 2005 (Hai que botalos). Propaganda política, debate político e denuncia, sempre mesturados co humor. Emoción e entretemento.
O mellor exemplo tivémolo no outono pasado na campaña electoral para as eleccións lexislativas norteamericanas. The People Choose 2006 converteuse nun dos instrumentos máis populares e efectivos da televisión política participativa até o momento: un sitio onde aloxar vídeos políticos para democratizar a televisión electoral, ordenados por circunscricións, partidos, parlamentarios e candidatos.
As novas tecnoloxías, o abaratamento dos custes de gravación, a difusión de programas de edición caseiros e, sobre todo, as posibilidades de distribución que ofrece internet, son factores que fan que hoxendía calquera colectivo poida ter a súa propia televisión. Isto é, de por si, bo para a sociedade democrática, xa que permite a actores até agora marxinados integrarse ao proceso audiovisual.
Colle o móbil, a cámara de fotos, a cámara de vídeo, fai unha montaxe de fotografías… E denuncia o que marcha mal no teu concello, no teu barrio. Denuncia a especulación urbanística, os vertidos, a destrución da costa, o nepotismo, a corrupción, ou simplemente o deficiente asfaltado dun camiño. Porque eles gobernan, pero ti mandas. Por iso, manda o teu vídeo, manda ti: zerovacas@gmail.com
MANDA-TI