Deu comezo a campaña

Publicado ás 11:15h, en | Ver


Ás 12 en punto desta noite abriuse oficialmente a campaña eleitoral para as eleicións municipais do 27 de maio. Como non podía ser doutro xeito, tivo lugar a tradicional pegada de cartaces do BNG de Carnota, caracterizada este ano por estar pasada por auga. A ese momento asistiron por suposto o noso candidato Tomé Freire, así como varios membros da nosa candidatura e militantes do BNG.
Centrarase esta campaña na aposta por dar a coñecer o noso candidato e os nosos proxectos aos veciños de Carnota, mais sobre todo no trato directo co veciño para coñecer as súas inquedanzas e animalo a apoiar co seu voto este ilusionante proxecto que o BNG encabeza, mais tamén en participar nos catro próximos anos nun proxecto municipal cuxo principal obxectivo será capitalizar a mellor situación económica e inversora que nunca tivo o concello de Carnota.

0 comentarios:

    Ler máis...

    Arquivo

    Categorías