A nosa candidatura destaca por presentar un equilibrado número de homes e mulleres e unha xusta representación de cada parroquia. Pero tamén, e sobre todo, por constituír un equipo de persoas cunha dilatada experiencia nos movementos asociativos veciñais de Carnota. Entenden o noso concello e coñecen as inquedanzas dos seus veciños. En todo caso, propoñemos un equipo de persoas moi queridas e respeitadas polos seus veciños que non só saben escoitar senón que saben propoñer solucións para as problemáticas de Carnota, e iso demóstrase andando durante toda a lexislatura.
Estes son os veciños que mellor representan a vontade do BNG de continuar os proxectos comezados durante estes últimos oito anos mais insuflando aire fresco e novos proxectos para seguir desenvolvendo, entre todos, este concello que se atopa nunhas condicións ideais para o seu despegue socioeconómico.
Con esta confianza vo-los presentamos, e tamén coa seguridade de que veredes neste equipo a mellor opción para, coa axuda do teu voto, liderar a renovación do goberno municipal que o día 27 de maio afrontamos coa maior das ilusións.
Uns aparecen agora para pedirvos o voto tras catro anos desaparecidos. Outros andiveron a remolque dos proxectos do BNG sen apenas artellar propostas propias, o que queda claramente demostrado cun programa case clónico do que o BNG presentou hai catro anos.
Para que Carnota siga avanzando non o dubides, vota BNG.
0 comentarios:
Assinar:
Postar comentários (Atom)






Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.