AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

14/11/2007

O pleno do 5 de novembro confirma que a Galescola está en serio risco

Comparte e opina:
O venres 5 de novembro celebrouse un Pleno Ordinario, onde un dos puntos da orde do día era a Solicitude de Prórroga do Convenio para a creación e mantemento dunha Galescola en Carnota.

A obra da Galescola xa foi licitada e contratada á empresa EXOGA polo goberno anterior no mes de marzo, por un importe de 550.000 euros. Xa debería estar rematada e xustificada antes do 31 de decembro do presente ano.
A ubicación da Galescola seleccionada polo concello e valorada positivamente pola Xunta foi a carón da pista polideportiva de Carnota, onde pasaría a formar parte do conxunto de institucións públicas xa existentes, formada polo Colexio Primario, o Centro de Saúde, a Casa do Concello e as propias instalacións deportivas municipais.

A razón de que se solicite a prorrogación é por non térense iniciado sequera as obras da mesma, ou mellor dito, porque novo goberno local do PP non quixo subir o último escalón que faltaba para a creación da Galescola de Carnota, que era simplemente "deixar" que a empresa adxudicataria comezara as obras.

No dito Pleno o voceiro do PP José Oreiro dedicouse a xustificar nunha intervención duns vinte minutos sobor da inconveniencia da ubicación de dita infraestructura, nun discurso pedante onde o único argumento foi "a inconveniencia de que a Galescola tivera dúas alturas" e o consabido de que o sitio "non era o axeitado". Incluso chegou a calificar a Galescola de Carnota de gueto.

O voceiro do BNG manifestoulle que precisamente o feito de que se lle aprobara o proxecto a Carnota fora pola premura e boa xestión do anterior goberno do BNG en poñer inmediatamente a disposición da Consellería terreos útiles para facela Galescola. Tamén lle dixo que se ben podía haber outras ubicacións tanto no momento da solicitude como na actualidade non hai outro sitio como o que se plantexara, segundo a valoración do arquitecto municipal, en función da dispoñibilidade e calificación urbanística dos terreos. De feito, segundo o arquitecto municipal é o mellor sitio no que se pode facer nestes momentos. Igualmente, o BNG acusou ao alcalde de poñer en serio perigo un proxecto de tanto investimento e trascendencia para Carnota por "caprichos personais seus", e que descubrira mediante o contacto con diversas áreas da Vicepresidencia que as posibilidades de prosperar dita prórroga eran "francamente difíciles", posto que os orzamentos son anuais e non prorrogábeis. E a consecuencia é que non só perde os cartos o concello de Carnota, senón que Vicepresidencia tampouco podería dispoñer deles para outros proxectos. Ademais, en próximos anos o concello podería seguir solicitando outra Galescola, se ben entraría a competir con concellos dunha entidade maior, polo que as posibilidades da reaprobación en poucos anos son mínimas, hai que ter en conta que neste caso Carnota xogaba coa ventaxa de ser o 8º na provincia e o primeiro na Costa da Morte en pedila Galescola, cando Carnota compita pola Galescola con concellos coma Vimianzo, Cee ou Noia xa podedes imaxinar quen leva as de gañar.

Todo isto será aínda máis grave (se cabe) no caso de non serlle concedida a prórroga ao novo goberno municipal, pois o Concello de Carnota terá que responder diante da empresa adxudicataria polo contrato de 550.000 euros que o alcalde non lle deixou facer, e que a Xunta non terá que pagar.

Diante destas argumentacións, o alcalde José Oreiro proclamou que "a Galescola farase antes que o camping da Boca do Río" e a continuación insultou públicamente ao portavoz do BNG.

Con esta actitude parecen asumir abertamente que en efecto non é urxente para o goberno municipal nin para o seu alcalde que Carnota aproveite esta oportunidade de ouro para dotarse canto antes dunha infraestructura tan importante para os nenos, a autonomía das familias de Carnota e a fixación poboacional, e que se a Galescola non se fai é por decisión do actual goberno do PP.

Etiquetas: , , , , , , , , ,

Hai 2 opinións.

  1. Aquí está PePe Oreiro preocupándose polas cousas que realmente lle afectan a Carnota:
    http://img140.imageshack.us/my.php?image=oreirovozoq6.jpg

    ResponderExcluir
  2. ¿ E que pasa con Oreiro?

    Noticia o Xornal

    XORNAL I A Coruña.- Al PP le estaba saliendo todo bastante bien en esta precampaña. La orden de Mariano Rajoy era muy clara y sencilla: silencio absoluto sobre las listas electorales, nada de debate de nombres y candidatos hasta el mes de enero. Tocaba hacer propuestas a los ciudadanos y oposición al Gobierno, y no enzarzarse en peleas internas. En Génova, sede del PP, estaban satisfechos porque se cumplían las órdenes. Pero el 'número dos' de Esperanza Aguirre, Ignacio González, reabrió el debate de golpe con una entrevista en El Mundo en la que aseguró que "Gallardón no puede ser alcalde y diputado según los estatutos del PP".

    Las declaraciones de Ignacio González han roto la estrategia preelectoral del PP, cuando parecía que tenía todo controlado. Mariano Rajoy había dado instrucciones para reducir el debate interno al mínimo, pero al no imponerse ahora sufre las consecuencias.

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: