AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

29/01/2008

Concelleira popular pídelle o voto aos nenos durante saída a Riazor

Comparte e opina:
O domingo 27 de xaneiro organizouse unha saída en autobús con nenos de educación primaria e secundaria de Carnota para asistir ao partido que disputaban no Estadio de Riazor o Deportivo da Coruña e o Real Valladolid. A persoa adulta asignada para acompañalos foi Mª Jesús (Chus) González Senande, concelleira do PP no municipio e veciña de Lira. Segundo coinciden diversas persoas que se puxeron en contacto co BNG de Carnota, nun momento da viaxe de ida produciuse un insólito altercado entre a edil e os cativos.

A sra. Chus González, facend
o uso do micrófono do autobús e tras identificarse como concelleira, dirixiuse aos rapaces para pedirlles directamente o voto para a súa formación ou ben para que lles dixeran aos seus pais "que votaran a Rajoy". Logo dun intre de estupefacción dos asistentes, parte dos nenos comezaron a increpala por "ir darlles un mitin" e berraron proclamas contra o PP.
Nese momento, a edil popular mesmo enleouse nunha vergonzosa rifa verbal cos rapaces dicíndolles que "grazas ao PP ían ver o Depor, antes non os levaban", cousa obviamente falsa pois excursións como esta foron moi habituais nas anteriores lexislaturas, tal e como lle retrucou algún dos cativos. A concelleira tratou de aplacar a tensión reinante chamando á orde, sendo increpada de novo polos presentes pois "fora ela mesma quen alterara esa orde". De aí en diante, segundo a información da que dispoñemos, restaurouse a normalidade e a viaxe proseguiu sen máis incidentes remarcábeis.

Temos que recoñecer que cando puxeron este altercado en coñecemento do BNG custounos dar creto ao feito de que unha persoa adulta e designada como responsábel dun grupo de cativos pretendera aproveitar a súa situación para axitar ou tratar de incidir politicamente sobre estes, na maior parte alumnos de primaria cuxa única intención era disfrutar da actividade proposta e do deporte galego de maior nivel, mais que remataron involuntariamente enleados nunha hostilidade inexcusábel por mor das provocacións irresponsábeis da sra. Chus González. O BNG de Carnota só pode valorar o insólito incidente como deplorábel, e estuda esixir explicacións á actitude da concelleira involucrada.
Etiquetas: , , ,

Hai 6 opinións.

  1. Que vergoña de partido, carretan os vellos e aos cativos xa os queren adoutrinar.

    Menos mal que os pícaros non son parvos e non se deixan levar pola propaganda desa panda de merdeiros.

    PP NUNCA MAIS!

    ResponderExcluir
  2. que patetico dios mio...pero a esta xente de onde a sacaron oh¿? facer eso xa tiña que ser pena de carcere...ou de manicomio...a xente non ten ningun sentidiño

    ResponderExcluir
  3. A reacción dos nenos foi exemplar. É para sentirse máis que orgullosos de como os chavales non se deixaron intimidar pola actitude intolerable desta señora. Pensaba que estaba falando para borregos e a que acabaron deixando de borrega fui a ela. Viva a xuventude de Carnota!

    ResponderExcluir
  4. Normal non me estraña nadiña. O proxecto político de estas persoas e repartir votos na misa, e xa que agora a xente non vai a misa van tras deles aos autobuses. E que esta xentiña teña maioría absoluta, que vergoña.

    ResponderExcluir
  5. Este comentário foi removido por um administrador do blog.

    ResponderExcluir
  6. Xa tardaba en salir algún castrón defendendo a feitura da señorita, xa tardaba.

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: