AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

05/10/2008

9 de cada 10 pais están satisfeitos coas Galescolas

Comparte e opina:
Un estudo realizado por Vicepresidencia e baseado en enquisas telefónicas a máis de 700 pais de nenas e nenos usuarios das Galescolas desvelou que o 90% se amosa satisfeito con esta iniciativa desenvolvida polo BNG e que xa conta con 210 centros en toda Galiza (92 deles construídos só nesta lexislatura), prestando cobertura actualmente a arredor dun millón de cidadáns da nosa nación, como concluíu outro estudo publicado recentemente.

Os aspectos máis valorados polos familiares son os equipamentos, atencións e servizos prestados por estes centros, e a súa calidade en xeral. De feito, instalacións, confort e material son os factores que xeran un maior grao de satisfacción, e moi especialmente o lugar onde se ubican estes centros, que o 95,1% dos entrevistados cualifica de bo ou moi bo.

Unha porcentaxe que supera o 90% avaliou tamén o bo funcionamento referido a información e matrícula, período de adaptación, funcionamento diario, resolución de problemas, atención personalizada e clima de confianza reinante. A implicación directa dos familiares no programa educativo (mesmo nalgunhas actividades de aula) motivaron tamén os eloxios destas familias á innovadora filosofía que envolve as Galescolas. Ademais, a meirande parte dos entrevistados quixeron salientar a gran profesionalidade das persoas ao coidado dos seus cativos.

Vicepresidencia pretendía con este estudo coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con todos os parámetros que abranguen á atención aos seus fillos así coma recoller as súas suxerencias para seguir mellorando a oferta existente. Así, o 63,2% das familias entrevistadas aseguran que a oferta xa está completa, mais é aínda un 33,1% que bota en falta algúns servizos, sendo os máis demandados o de comedor, a ampliación/flexibilización do horario laboral e do establecemento de transporte en autobús, o que invita claramente a seguir traballando para subsanar estas e outras deficiencias detectadas polos usuarios.

No caso de Carnota perdeuse (polo menos de momento) esta inmellorábel oportunidade para a liberdade dos nosos veciños e a educación de calidade para os nenos en idade preescolar. O motivo oficial, o desacordo do PP de Carnota coa ubicación plantexada no proxecto xa contratado polo anterior goberno do BNG; parece ser que os membros do actual goberno municipal se encadran nese 4,9% de insatisfeitos coa localización. O que realmente nos gustaría saber é que parte dese 4,9% preferiría que non se fixera a Galescola antes de que se fixera nese lugar que non lles gustou. Estamos dispostos a asegurar que esa porcentaxe comezaría por un «cero coma...».

A eses moitos veciños que nos manifestaron a súa tremenda decepción pola dilapidación da Galescola só podemos pedirlle confianza no BNG porque, por xustiza, seguiremos loitando coma sempre e con todas as ferramentas ao noso alcance para que Carnota recupere o que nunca lle debeu arrebatar a insensatez dun equipo de goberno que parece inmensamente máis interesado polas súas cuestións partidistas (excusas inverosímiles aparte) que pola verdadeira mellora das condicións de vida dos carnotáns.
Etiquetas: , , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: