Se os seis primeiros meses desta lexislatura do PP de Carnota se caracterizaron pola perda de servizos fundamentais (Galescola, Escolas de Informática, Escola de Idiomas, redución do servizo de axuda a domicilio…), este último ano caracterizouse pola creación de novos impostos como os das taxas polos servizos administrativos (fotocopias, compulsas, certificacións…), o cobro do servizo de axuda a domicilio, etc. Isto debeuse a unha clarísima e absoluta falta de xestión do equipo de goberno do PP, motivada pola acción de goberno errática que está marcando a lexislatura.
Pero ademais, outro factor que influiu extremadamente na crítica situación que vive o concello de Carnota foi a substitución de personal residente no noso municipio (e para cuxos salarios se dispoñian de axudas) por traballadores alleos contratados directamente, o que ademais aumentou moi significativamente os gastos municipais nese concepto. Para que vos fagades unha idea, estas son as cifras:
| CONTRATADOS POLO PP | DESPEDIDOS POLO PP |
| 1. Animadora cultural |
| Custo total aprox. para as arcas municipais: 150.000 € / 25 millóns de ptas. (Só nos consta un subvencionado) | Custo total aprox. para as arcas municipais: 10.000 € / 1,7 millóns de ptas (Todos subvencionados) |
Isto é o que nós chamamos xestión da crise: Despedir personal perfectamente cualificado (veciños, para máis señas) e contratar a xente de fóra por dez veces máis do que cobraban os de antes, soldos que ademais sufragaban na práctica totalidade outras administracións grazas aos moitos acordos acadados para iso nas lexislaturas anteriores. E iso por non falar das novas contratacións de -cando menos- dubidosa necesidade nos tempos que corren, das que xa falaremos ao seu debido tempo. Está claro que actuando deste xeito teñen que aparecer problemas económicos pola forza.
As cifras cantan por sí soas, sobran máis palabras. Só vos imos convidar a facer unha pequena reflexión: Será que en Carnota non hai personal técnico cualificado, que hai que ir buscalo fóra do concello custe o que custe?
Novas relacionadas






Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.