A política laboral desaprensiva do actual goberno municipal de Carnota xa lle supuxo ao noso municipio máis de 50.000 euros en despidos de traballadores municipais.
Entre eles figura o traballador da brigada de obras despedido de xeito improcedente e co que chegaron a un acordo na mesma porta do xulgado para que renunciara a seguir adiante co procedemento. Este acordo supúxolle ás arcas municipais 10.000 euros e máis os custos xudiciais, como menor dos males.
Noutro caso, o despedido foi o conductor do tractor municipal ao que tiveron que readmir, co conseguinte custo e perda de servizo.
Á traballadora de limpeza do Centro de Saúde do Pindo percibeu este mesmo mes máis de 9.000 euros dos que aínda quedan pendentes os intereses-, e o Concello tamén tivo que asumir os custos xudiciais. A situación chega ao extremo de que a esta traballadora xa é a segunda vez que a despiden e indemnizan os mesmos actores; a primeira vez foi na anterior etapa na que o PP obstentou a alcaldía de Carnota (1995-1999), grazas á pinza cunha efémera agrupación "independente".
A responsábel de actividades culturais e consumo do Concello tamén tivo que ser indemnizada con máis de 17.000 euros -pendentes tamén quedan o cobro dos intereses- despois de gañar o xuízo e tras ser rexeitado un recurso do goberno municipal. Tal foi a situación de acoso e derribo a esta traballadora que mesmo rexeitou pular xudicialmente porque lle recoñeceran o despido nulo, que conlevaría a readmisión inmediata e o abono dos salarios deixados de percibir desde a data do despido. Tamén neste caso o goberno de Carnota foi condenado ao pago dos custos xudiciais.
Esta persecución laboral supón un novo ataque a profesionais de demostrada capacidade ao servizo dos seus veciños; pero sobre todo é un duro golpe ás finanzas municipais, e como consecuencia aos petos da veciñanza de Carnota, no momento social e económico menos oportuno.
Novas relacionadas
- Os despidos políticos de Carnota pagámolos todos e todas (A Moa nº 30)
- O goberno de Carnota responde á crise dilapidando personal e recursos
- Carta aberta de Carmen Mendoza á veciñanza de Carnota







Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.