AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

04/05/2010

Fracasa a xestión do Plan E en Carnota, que se converte xa no 3º concello máis endebedado da provincia

Comparte e opina:
Cos 13,3 millóns de euros que o Plan E vai deixar no noso entorno, e que segundo as estimacións dos diferentes concellos da redonda suporán a creación dun total de 438 empregos directos, o goberno de Carnota asegurou nos medios ter creado 16 novos postos de traballo.

Se este dato xa resulta pírrico por si mesmo, o peor é que nin sequera é certo. Despois de ser preguntado polo BNG no último pleno a respecto do número exacto de postos de traballo xerados en Carnota grazas ao Plan E, o alcalde de Carnota José Oreiro saiu pola tanxente cun escueto "cumprirase a legalidade vixente".

A realidade é que entre os requisitos do Plan E non figuraba crear un número determinado de empregos. Teatral forma de dicir que o goberno de Carnota non xerou un só posto de emprego a conta do segundo Plan E, despois de gastar máis de medio millón de euros en obras. E tampouco nos sorprende: o primeiro Plan E, que significou 900.000 euros en obras, só supuxo 3 contratacións de 4 meses de duración.

En definitiva, un gasto total de case un millón e medio de euros para manter 3 traballos durante 4 meses. Non cabe dúbida de que a aplicación do Plan E no noso municipio só pode considerarse un novo e monumental fracaso de xestión do PP de Carnota, que resta e segue.

Por outra parte, vimos de saber que Carnota xa é o terceiro concello máis adebedado de toda a provincia da Coruña, rozando xa a cifra de dous millóns de euros; 392 euros de débeda por habitante.

Á vista dos datos, a veciñanza non se explica por que o goberno municipal se segue negando a retornar os seus salarios a unhas cifras normais e similares ás percibidas por alcalde e tenente de alcalde no ano 2007. En tres anos converteron Carnota, antes modélico en opinión do Consello de Contas, no terceiro concello máis endebedado da provincia, no que os despidos son pan de cada día, a perda de servizos e investimentos unha constante, e no que as obras se reduciron xa a pouco máis que a poñer algo de piche e tapar unhas humidades dunha igrexa. Sen embargo, os veciños de Carnota teñen que pagar cada ano uns 145.000 € en soldos dos políticos, porque catro privilexiados do PP parecen empeñados en vivir de costas á realidade. E isto tampouco é culpa de ningunha crise.
Etiquetas: , , , , , , , ,

Hai unha opinión.

  1. E unha vez máis, en Carnota só gaña un: A empresa das espiñas e dos arroases.

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: