AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

24/04/2009

O alcalde súmase ao saqueo do concello

Non foi quen de manter o engano por máis tempo (e iso que xa enganaba a poucos). O alcalde de Carnota decidiu quitarse a carauta e apuntarse coa excusa dos presupostos ao saqueo do concello no que os seus compañeiros de filas xa levan dedicando case 2 anos.

Antecedentes de feito

Imos facer un exercicio de memoria. Hai un ano que o PP de Carnota decidiu cambiar a súa tradicional crítica aos “excesivos” soldos que percibían alcalde e tenente de alcalde no anterior goberno municipal, e abriu a caixa forte do municipio a canto amigo quixera meter a man. Daquela poucos rexeitaran a xenerosa oferta: 30.000€ anuais a dous concelleiros, 38.000€ ao alcalde, e 2.000€ mensuais a unha amiga que pasaba por alí (tamén chamada Administrativa de apoio á alcaldía) e que pasou a cobrar case desde o primeiro día tanto ou máis que o funcionario de maior antigüidade no municipio.

Por desgraza para eles, o BNG non tardara en denunciar o chollo nin en facerlle saber aos veciños que o PP duplicara o soldo dos políticos a conta de reducir á metade o investimento en proxectos. Ademais, un medio de comunicación botou contas e revelou que o noso concello era o que máis gastaba da bisbarra no soldo dos seus políticos. Asi que o alcalde non lle quedara máis remedio que renunciar ao seu soldo, aínda que a versión oficial non foi esa, senón que "o BNG deixara o concello arruinado”. E quedou tan ancho.

Orzamentos municipais para o 2009, ou "pilla, pilla, que algo queda"

Este mes de abril de 2009, ademais das flores, agromaron en toda a súa dimensión as mentiras do PP: O alcalde acaba de coller unha dedicación exclusiva de 51.500€ anuais (715 mil das antigas pesetas ao mes) e consolidou o incremento de 8.000€ anuais á súa concelleira máis fiel. Os outros dous asalariados do PP tamén conservan o que tiñan, que non era pouco. En conxunto, os veciños de Carnota darémoslle a estes privilexiados uns 60.000€ máis que no ano 2008, e iso sen contar Seg. Social nin dietas. Alguén dixo crise?

Sobresoldos para uns e outros á rúa porque "non hai cartos"

Por se fora pouco, o PP consolida os sobresoldos aos seus empregados máis fieis: 6.000€ máis cada ano para o encargado do pavillón de Carnota e unha técnica informática, e 500€ máis cada mes a un administrativo, discriminando así ao resto dos traballadores; non esquezamos que 8 profesionais acaban de ser despedidos fulminantemente coa excusa da "falta de cartos". Ata certo punto é lóxico, pois ademais de que non hai cartos que paguen a tanto “metido a político”, rexeitaron as subvencións con que se lles pagaba a eses traballadores.

Case 6 veces menos investimentos para Carnota que no 2007

No capítulo dos investimentos, o goberno confirmounos o que o BNG levaba meses avisando: Se o concello segue nesta suicida dinámica de dilapidar personal e recursos, a cambio de seguir pagando favores políticos do PP na campaña, Carnota está condenada á parálise. Os nosos temores fixéronse realidade ao coñecer a cifra total de investimentos previstos polo concello para este ano: 660.000€. Unha esmola en comparación cos case 3,8 millóns de euros que o BNG aprobara nos seus últimos presupostos, 5,7 veces máis diñeiro e proxectos para a mellora de Carnota. E tampouco daquela había en ningún monte do noso concello unha árbore dos cartos; a diferencia está, simplemente, na capacidade política de uns e outros.

Carnota segue perdendo proxectos e aumentando os salarios políticos

Cada vez está máis claro que a crise en Carnota ten moi pouco que ver coa macroeconomía nin coa carestía da vida; este goberno perdeu totalmente o control hai moitos meses, e agora xa non teñen nin a vergonza de disimular o expolio das arcas municipais. Despois de dous anos sen ningunha nova inversión digna de mencionar, o alcalde, concelleiros e os seus amigos só parecen afanados en levar o diñeiro de todos para as súas casas, e en mirar para outro lado mentres os nosos veciños as pasan canutas para chegar a fin de mes. Están provocando unha crise de xestión sen precedentes que mantén o noso concello encallado desde que o PP se puxo no timón, e todo apunta a que así seguirá ata que se esgote a lexislatura ou a bolsa dos cartos.

O BNG pide ao equipo de goberno que se aprete o cinto

Moi ao noso pesar, a maioría absoluta do PP impídenos parar esta sangría, mais desde o BNG de Carnota volvemos a suplicar ao goberno que recobren a cordura dunha vez e supriman cando menos 2 desas dedicacións, que reduzan a escandalosa asignación do alcalde e que dediquen os poucos cartos que sobrevivan a facer sequera algún proxectiño no tempo que lles queda. Sabemos que non é moito pedir, pero o noso vasto coñecemento da ineptitude política destes gobernantes desaconséllanos pedirlles moito máis.

Non permitas que enganen a ninguén

A nós xa non nos enganaban, e agora a vós xa non vos poden enganar tampouco. Sen embargo, aínda hai moita xente que pode dar por boas as milongas que Oreiro lanza ao vento día tras día coa colaboración da prensa. Desde o BNG queremos pedir a vosa axuda para que os veciños saiban a verdade. Recomendade esta páxina web aos vosos coñecidos, mandade este texto por correo electrónico, ou imprimide e difundide o documento dos Orzamentos municipais ou o Boletín informativo que o BNG xa está a distribuir por Carnota. Se conseguimos chegar a suficiente xente, pode que o PP o pense dúas veces antes de continuar saqueando os cartos que deberían gastarse en mellorar o noso entorno. Non é un feixe de votos o que está en xogo, senón o futuro e a prosperidade deste noso concello que todos amamos. Tamén está nas túas mans.

P.D.: Por certo, que opinará o señor Alberte Núñez Feijóo, ese que acaba de tomar posesión na Xunta predicando a austeridade, sobre o que están facendo os seus colegas de Carnota?

Etiquetas: , , , ,

Hai 16 opinións.

  1. De escándalo... dimisión!

    ResponderExcluir
  2. Xa sabemos por que o PP non tiña programa: Sería un poouuco impopular dicir que a túa única idea é facerte rico e acabar con todo. A ver se desta aprendemos... forza BNG!

    ResponderExcluir
  3. Son uns ladróns, pero... acaso non o sabíamos cando lles votamos?
    No seu anterior mandato (1995-99, creo) xa fixeron exactamente o mismo, votaron a calle os que non eran da súa corda, e fartáronse de meter a man na saca, só recordar que unha das maiores deudas que tiña o concello de carnota cando entrou o BNG eran facturas de mariscadas do PP no Miramar. Sempre foron uns corruptos e uns ladróns sin antifaz, por eso alguns "prestixiosos" empresarios de Carnota saben tan ben que é o seu partido. Carnota ten que despertar!

    ResponderExcluir
  4. CorruPPción en Carnota27/04/2009, 01:18

    Hai 3 días no Correo Galego:
    "El regidor carnotano señaló, no obstante, que si hay tres dedicaciones exclusivas es "porque creemos que son necesarias y porque nos vamos a dedicar, por completo al Concello". Oreiro asegura que su misión será "recorrer consellerías" para tratar de solucionar la precaria situación económica municipal.
    Un problema que achaca a la política "publicitaria" del anterior bipartito (BNG-PSOE), que les dejó en herencia deudas de 600.000 euros por el servicio de la basura, 700.000 por obras en las redes de saneamientos y "facturas en el cajón por importe de más de dos millones de euros". Una deuda que "ha sido ratificada por una auditoría", dijo."
    O PP segue asegurando que existe unha auditoría que ratifica os seus argumentos. Mesmo os teño oído "ameazar" coa súa publicación en varias ocasións. Teño varias cousas que dicir ao respecto:

    Punto 1: Esa auditoría non é tal, senón un "estudo financieiro" contratado a unha empresa privada por arredor de 12.000€ que non pagou o PP, senón os veciños.

    Punto 2: Carnota conta cun equipo de profesionais para facer ese traballo e que así o viñeron facendo durante anos. Pero agora ao PP parece que lle importa pouco esa versión e prefire deixarlle o traballo nas mans dunha empresa privada allea ao municipio (para que sexa máis fácil de cociñar?).

    Punto 3: Ese "estudo financieiro" nunca se fixo público en parte ou na súa totalidade.

    Punto 4: Aos partidos da oposición entregóuselles un "resumo" en forma de medio folio fotocopiado sen membrete de ningún órgano colexiado (é dicir, púidoo escribir calquera), coas supostas conclusións do "estudo", todos eles por suposto benévolos (cando non literalmente coincidentes) coas posturas do PP de Carnota.

    Punto 5: As auditorías reais levadas a cabo polo Consello de Contas de Galicia foron favorábeis e chegaron a definir a Carnota como "concello modélico" ata o ano 2008 (primeiro exercizo completo co PP no mando), ano no que pasou a calificar como pésima a situación económica de Carnota.

    Todo apunta a que esta "auditoría" (se é que existe) que non perden ocasión en citar se trata dunha cortina de fume moi cara para camuflar o estado das contas de Carnota, o que lles deixaría as mans libres para poderen ir facendo o que lles peta, pregoando a "falta de cartos" cando lle convén (despidos, redución dos investimentos ou supresión de iniciativas do goberno anterior) e actuando coma un concello boiante noutros aspectos (p. ex. disparando os gastos en salarios dos políticos como nunca en democracia).

    Este goberno está rozando a prevaricación, a falsidade documental e o tráfico de influencias, esperemos que a verdade do que está facendo o PP en Carnota vaia trascendendo as cociñas mediáticas.

    ResponderExcluir
  5. dedicación exclusiva á alcaldía trala vitoria de feijoo????que extraño non?????

    ResponderExcluir
  6. dedicación exclusiva á alcaldia trala vitoria de feijo????que coincidencia!!!!!

    ResponderExcluir
  7. ken da a vidaa de k esooo verdadeiroo??

    ResponderExcluir
  8. A nosa Marisol:

    Empeza a súa andaina no Parlamento con estas declaracións:

    1.- Voz de Galicia 25 de abril de 2009: Marisol Piñeiro «como todas as mulleres, poderei facer dúas cousas á vez»

    O igual que Benito González o prota de Huevos de oro de Bigas Luna, Marisol Piñeiro aplica a mesma filosofía na vida. Todo a pares.
    Cobrará de aquí e de alí: por Santiago e por Carnota¡, ... algo pillará, algunha dietiña, uns poucos kilometraxes, as asistencias os plenos coa plebe, ...

    2.- Voz de Galicia 25 de abril de 2009:”...aunque será diputada, no va a renunciar a trabajar codo con codo con Oreiro, a quien define como su «maestro»”

    Premisa maior: Oreiro é o meu mestre
    Premisa menor: Oreiro na rascou no seu tempo como deputado
    Ergo: Non a vou a rascar nestes catro anos.

    3.- Voz de Galicia 25 de abril de 2009: nomeamento de Antón Louro como delegado del Governo en Galicia «Oxalá dende ese posto tamén axude ao noso concello»

    Iso esperamos Marquesa con impaciencia... e se non é el, que sexa o subdelegado do governo que meta man dura en todo este cotarro e que se faga cumprir a lexislación en materia orzamentaria e, se hai que inhabilitar a máis de un, que non lle treme a man.

    ResponderExcluir
  9. Todo isto só demostra que os caciques do PP nunca lles importou Carnota, senon o estado das súas propias contas correntes. Eu estou no paro desde hai meses, e na última nómina trouxen para casa uns 600€ netos despois dun mes deixandome o lombo polos camiños e á chuvia.
    Este señoritingo, este aprendiz de atracador tan acostumbrado os luxos da alta alcurnia, cobra nun mes 8 veces máis que min SIN PEGAR PANCADA. Con menos de dous anos do seu salario eu pago a miña hipoteca, ou a educación do meu fillo para toda a súa vida.
    Espero que durma tranquilo, señor Alcalde de Carnota, sabendo que cada vez que eu chego a fin de mes afogado vostede métese na saca 750.000 pesetas de todos os veciños.
    Espero que o disfrute tanto como pouco lle dure.

    ResponderExcluir
  10. Con este tipo de declaracións Marisol Piñeiro vai facer carreira no seu partido, amosan o nivel que lle exixen a unha parlamentaria do grupo popular. Aínda que as últimas non superan á miña preferida, cando dixo nun pleno que o concello non era un sitio para que os nenos andiveran correndo polas escaleiras arriba e abaixo, en relación ás concurridas actividades que se realizaban na lexislatura anterior, escola de idiomas, aula de informática, etc...

    O que é unha mágoa é que certos ruxe-ruxe empecen a soar sobre ela. Antes ela, ou os seus amigos, fixeran correr moitos comentarios persoais sobre o anterior goberno, parece que agora lle vai tocar sufrilos...

    ResponderExcluir
  11. Panda de delincuentes de guante blanco, esto é o que lle enseñaron a facer en Madrid? a próxima vez que se me presenten á porta cas súas gorritas de merda "marca Meroil" sácoos a escobazo limpo, aproveitados e senvergonzas!

    ResponderExcluir
  12. Se tiveran algunha dignidade dimitian todos en cascada e convocaban eleccións adiantadas, se é que alguén se atreve a meterlle man a este concello que están reducindo a ceniza.
    Un concello ten que pagar SOLDOS NORMAIS a aqueles que traballan para el, e no caso dos políticos con dedicación, pois entendo que non perdan capacidade adquisitiva, o que é insultante é que se queiran facer millonarios a conta nosa.
    ¡Ladróns! ¡Dimisión!

    ResponderExcluir
  13. Ke bos sodes!!! En contar mentiras, claro está...Se soubesedes do ke estades a fala...vergonza vos daría andar repartindo papeliños polas portas adiante,,, en fin todo se sabe, como tamen se soubo ke o anterior teniente alcalde cobrou o paro o mesmo tempo ke o seu soldo e ke a multa a pagamos todos os veciños, porke nn puxechedes eso no papel??? En fin, os do PP fanse ricos, pero os do BNG tan pobres estades, non vos chegaron 8 anos para saquear o concello,,,, o ke hai ke oir,,,e da boca de ken...
    Arriba PP!!

    ResponderExcluir
  14. Arriba PP ou arribaspañacoño?29/09/2009, 01:42

    Pois a min paréceme que o artigo está bastante ben argumentado, e se os datos que se dan están a disposición de todolos veciños que os queiran comprobar, xa é IRREBATIBLE.
    Polo contrario, ao último anónimo eu casi lle recomendaría preguntar en calquera instituto, sei que hai clases de alfabetización de adultos moi interesantes! (Por desgracia coa falta de educación, se non se colliu a certa idade, xa non hai moito que facer)

    ResponderExcluir
  15. O mellor agasallo,un enchufe.Moi autentico espero que Santamuleta me poña un.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: