AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

19/05/2010

Os orzamentos deixan claro que o goberno de Carnota négase a reconducir unha situación cada vez máis crítica

Comparte e opina:
Non podemos comezar a valorar o que aconteceu no Pleno Extraordinario do pasado venres 14 de maio sen salientar que é a primeira vez na historia de Carnota que unha cuestión tan importante para o futuro dun concello como son os seus Orzamentos se trata á hora de xantar; moi premonitorio. E é que logo de ver o documento que presentaron, vai parecendo máis lóxico que traten de escondelo dos veciños, da prensa e da oposición: trátanse duns Orzamentos de récord en todos os sentidos, pero desgrazadamente todos son negativos.

Carnota xa duplica o maior déficit que tivera na súa historia
En primeiro lugar cabe destacar o desequilibrado das contas que se presentaron: Cuns ingresos (supostos, como logo veremos) de 6.346.010,52 euros e uns gastos de 5.071.270,42 euros, deixan unha diferencia de 1.284.740,10 euros... que coincide co remanente negativo do exercicio precedente; duplicouse o maior déficit financieiro que se rexistrara en toda a historia de Carnota: todo un récord.

Os salarios políticos do PP de Carnota volven facer historia
Nunca na historia de Carnota os gastos políticos foran tantos e tan elevados, un novo récord negativo da xestión do PP de Carnota.
  • Alcalde: 51.708,02 euros
  • Tenente Alcalde: 30.893,80 euros
  • Contratada política: 38.261,16 euros
  • Seguridade Social: 32.081,00 euros
  • Gastos protocolarios, dietas e outros: 35.000,00 euros
  • TOTAL: 187.943,98 euros
Case 188 mil euros das arcas públicas (uns 313 millóns das antigas pesetas) para tres privilexiados; delirante. O máximo gasto en conceptos políticos que se rexistrara durante todo o mandato anterior (coalición BNG-PSOE) ascendera a 95 mil euros, a metade do que os veciños de Carnota van gastar este ano nos seus políticos, coincidindo coa que seguramente sexa a peor crise económica mundial en 80 anos. Está claro que en Carnota non todos pasan a crise do mesmo xeito.

Nunca se lle debeu tanto aos proveedores
Tan so á empresa concesionaria do lixo débenselle 720.000 euros. Á concesionaria da auga e o saneamento adebédaselle "outro tanto", segundo asegurou o propio alcalde. Por non dicir o resto dos proveedores do concello, cantidades que se ben individualmente non son tan espectaculares, en conxunto si resultan máis que preocupantes, pois estase poñendo contra as cordas a moitas pequenas e medianas empresas do noso entorno, e por tanto asestando un duro golpe á única fonte de ingresos de moitos traballadores, no peor momento.

Máis operacións de tesourería e por máis cartos que nunca
Este exercicio foi o primeiro na historia durante o que se chegou en operacións de tesoureria aos 600.000 euros, unha débeda que multiplica por 10 a que o anterior goberno municipal deixara por este concepto: 60.000 euros.

Os investimentos en proxectos e obras volven a tocar fondo
O investimento do concello é de 637.000 euros, dos cales 271.000 saen exclusivamente do erario municipal. Lembramos que no ano 2007, co BNG aínda no goberno, o investimento previsto foi de 3.760.000 euros, no 2008 foi de 1.929.000 euros (xa gobernando o PP, aínda que aproveitando o rebufo da anterior lexislatura), e no 2009 caeu dramaticamente ata os 660.000 euros; pois este ano aínda van a menos. Unha espantosa caída en picado do investimento (e polo tanto, das obras e proxectos) desde que o PP accedeu ao goberno de Carnota, e que choca claramente coa subida dos soldos dos cargos políticos e a subida de impostos que exporemos a continuación.

Un goberno ao só lle faltou cobrarnos polo aire que respiramos
Outro récord deste mandato foi o de creación de novos impostos, e aumento dos xa existentes. Implantaron a taxa de 400 euros polo enganche ao saneamento (obrigatoria mesmo para parroquias nas que literalmente non existe rede de saneamento á que engancharse). Tamén pasaron a cobrar os seguintes servizos, antes gratuitos: Asistencia a domicilio a colectivos desfavorecidos, 8.000 euros; Expedición de documentos e compulsas, 6.000 euros; Clases de inglés, informática e outros, 8.000 euros; Uso das instalacións deportivas, 8.000 euros. Estas cifras, por suposto, responden ao que o goberno de Carnota prevé recadar con estes servizos. Porque co PP o que importa xa non é a calidade dos servizos que se prestan, senón se se pode cobrar por eles, e a canto.

Por certo, ollo coas présas ou con onde aparcades, teñen pensado recadar 12.000 euros en multas de tráfico.

Maquillaxe de partidas e manipulación das cifras de ingresos
Como non son capaces de facer cadrar os orzamentos, inclúen nas partida dos ingresos a cantidade de 1.868.000 euros de Transferencias corrientes da Xunta e 1.362.000 euros de Transferencias corrientes da Deputación. O sorprendente é que o goberno municipal non soubo xustificar a súa procedencia, evitando responder ás preguntas claras e concretas do BNG sobre o tema.

Polo que se viu, existe a seria posibilidade de que eses ingresos non sexan tales, senón unha operación de camuflaxe dun inxente déficit económico que quedaría moi feo nos titulares de prensa. Porque, se vos fixades, o único que andan publicitando na prensa destes Orzamentos é precisamente iso, o saldo positivo entre gastos e ingresos.

De ser certo que o PP introduciu nos Orzamentos inxentes cantidades ficticias como "ingresos" para ocultar un déficit galopante, abriríase un panorama aínda máis preocupante que todas as desfeitas e calamidades que o goberno de Carnota leva feitas ata agora. Un déficit de caixa soamente se pode cubrir con aforro no gasto ou ben aumento dos ingresos. E como quedou claro que se negan a aforrar aló onde si poden facelo (por exemplo nos seus soldos e os dos seus sicarios), todo indicaría que nos atopamos na antesala dunha suba de impostos.

Conclusión: Os Orzamentos baten todos os récords negativos e non aportan nin unha soa medida concreta ante a crise
A esperanza de que nestes Orzamentos viñera recollida algunha medida plausíbel para aliviar a dramática situación de desemprego e falta de ingresos de centos de familias do noso municipio esfumouse en minutos. Só o BNG parece acordarse de que nos atopamos ante a máis grave crise económica e social da historia recente de Carnota, pedindo no Pleno que se creara urxentemente un Plan de Emprego Municipal a consensuar entre todos os axentes políticos e sociais, asi coma o deseño dun Plan Director de Infraestructuras Municipal a consensuar coa oposición e cos axentes económicos co fin de priorizar os investimentos nas necesidades máis apremiantes, aumentar a participación social e acoutar o descontrol e a desestructuración municipal que estamos sufrindo.

O goberno e a oposición están para buscar solucións aos problemas veciñais
A veciñanza entende que na situación tan dramática na que nos atopamos é imprescindíbel o traballo e a imaxinación de todos os grupos políticos representados en Carnota, levando aos organismos que todos eliximos democraticamente as ideas e propostas que cada sensibilidade vexa positivas, para alí tratalas e desenvolvelas entre todos.

Por desgraza, o PP non só segue deixando pasar o tempo sen plantexar nada senón que nin sequera aceptan debater as propostas que si fai o BNG. E cando un goberno antepón o seu orgullo e interese partidario ao interese de todos os veciños e veciñas, significa que perdeu definitivamente o contacto coa realidade e a consciencia da labor que a cidadanía lle ten encomendada.
Etiquetas: , , , , , , , , , ,

Hai 3 opinións.

  1. 313 millóns de ostias lles havia que meter.

    ResponderExcluir
  2. O comentario anterior é realmente constructivo e creativo.

    ResponderExcluir
  3. 31,3 millóns, non 313. Calculadora se non sabemos multiplicar.

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: