AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

17/05/2010

Decenas de miles de persoas abarrotan o Obradoiro en defensa da lingua galega

Comparte e opina:
A plataforma Queremos Galego, que engloba unhas 700 asociacións, conseguiu hoxe que a súa convocatoria coincidente co Día das Letras Galegas abarrotara a praza do Obradoiro de Compostela, grazas a decenas de miles de persoas chegadas desde todos os puntos da nosa xeografía desafiando o sol abrasador e a xornada non laboral nin lectiva.

O inmenso continxente humano partía ás 12 da Alameda compostelá detrás dunha faixa co lema "O galego, a forza do noso amor", frase de Uxío Novoneyra, o escritor homenaxeado con motivo desta xornada de reivindicación das nosas letras. A xornada transcorreu nun ambiente cordial e festivo durante a que non houbo que lamentar ningún incidente, e no medio dun forte descontento pola substitución das políticas lingüisticas consensuadas por todos os axentes sociais e políticos por un novo decreto que, no caso de ir adiante, sería co único apoio do PP e de colectivos marxinais abertamente contrarios á utilización normal do galego na nosa sociedade.

Máis difícil é afinar o número de manifestantes que se citaron hoxe en defensa dos nosos dereitos, mais é moi rechamante o feito de que dúas horas despois de partir a cabeceira seguía saíndo xente da Alameda, a pesar do longo percorrido da manifestación polas rúas da capital galega. Esta circunstancia obrigou á organización a ler por segunda vez o comunicado para as miles de persoas que non conseguiran acceder aínda a unha praza do Obradoiro xa ateigada.

As imaxes da maré humana que nos deixou esta xornada non deben senón facer recapacitar ao PP e á Xunta de Galiza, e máis aínda despois de que o Consello Consultivo tachara o decreto que pretende levar adiante o PP de "ilegal e inconstitucional", asegurando que se atopa fóra de ordenamento xurídico. E xa fóra do aspecto formal, é un clamor da cidadanía e do tecido asociativo a esixencia de que Feijóo rectifique dunha vez a que con seguridade resulta ser a política máis belixerante contra o noso idioma durante a democracia.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: