AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

02/08/2010

Nuria Pampín, elexida nova responsábel local de Galiza Nova de Carnota

Comparte e opina:
A militancia de Galiza Nova elixiu o pasado domingo e por unanimidade a Nuria Pampín Rei como nova responsábel en Carnota. Esta moza de 22 anos, veciña de Lira, toma o testigo no cargo de Mario Maceiras, co obxectivo de continuar cun traballo humilde pero constante ao servizo da mocidade e de Carnota, e tamén co claro reto de dar a coñecer o proxecto nacionalista tamén entre os máis novos.

Na reunión, á que asistiu tamén a responsábel local do BNG, Belén Campos, a militancia carnotá decidiu sobre as liñas de traballo para os próximos meses, co obxectivo de continuar a ser a organización xuvenil referencial na localidade, mais sen perder de vista o duro traballo político que vai esixir a cita coas eleccións municipais, que xa se albisca no horizonte.

Neste senso, Galiza Nova non pode máis que avaliar de "rotundo fracaso" esta lexislatura do goberno municipal do PP, pois "só se ocupou de frear os avances que se conseguiran co anterior goberno nacionalista, pagar favores aos seus sicarios e saír na prensa culpando aos demais do fracaso estrepitoso do seu propio proxecto".

Casos paradigmáticos, denuncia Galiza Nova, foron que o executivo local suprimira as exitosas escolas de idiomas e informática, que rexeitara construír a Galescola cando só restaba adxudicar os traballos, que os postos de traballo dos sucesivos Obradoiros de Emprego estén restrinxidos "para os amigos do PP que nunca xamáis van poñer en práctica esas aprendizaxes", que o edificio público construído polo anterior executivo en Lira para finalidades sociais e veciñais leve 3 anos "sen abrir nin para ventilar", asi como que "despilfarrara" 1,5 millóns de euros do Plan E dándollos íntegros a unha empresa que só creou tres empregos durante catro meses. Para a mocidade nacionalista, esta bagaxe de resultados ilustra "3 anos de oportunidades perdidas para Carnota". Pola contra, Galiza Nova ironizou preguntándolle ao alcalde "cantos postos de traballo vai crear Lady Gaga no noso concello".

Como consecuencia destas políticas, para Galiza Nova "a mocidade de Carnota só foi a menos nestes 4 anos: fomos a menos en emprego, fomos a menos en opcións de formación e de lecer, e o que é peor, nós mesmos (a mocidade) cada vez imos sendo menos". Fronte a este modelo, Galiza Nova ve unha clara alternativa no nacionalismo representado polo BNG, xa que "é a única formación que antepón os intereses de todos os carnotáns aos intereses económicos duns poucos, e tamén aos intereses personais dos que só lles preocupa sentar o cu en Santiago ou Madrid", en clara alusión aos políticos de Carnota que ao longo dos últimos tempos foron desfilando polas institucións galegas e central con máis pena que gloria.

Para vencer esta inactividade que "deixou Carnota en parón indefinido", Galiza Nova chama á mocidade a implicarse e autoorganizarse para "descubrir que iso de que a política é cousa dos políticos simplemente é política mal entendida". Para Nuria Pampín "as rapazas e rapaces teñen que entender que a política é a que nos permite expresar as nosas ideas, os nosos soños para o noso país" e para iso "debemos traballar unidos".

Ligazóns relacionadas

Etiquetas: , , ,

Hai 4 opinións.

  1. Parabéns compañeira! Agora a traballar entre todos para quitar a esas lendias do mando!

    ResponderExcluir
  2. moitísimos parabéns, nur! vas ser unha responsábel estupenda ;)

    ResponderExcluir
  3. Xa o oín na Radio Nordés hoxe, que sorpresón! pois adiante que hai muito que facer con eses crápulas!

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: