AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

22/11/2010

O xesto do concello de Ames fai desconvocar a folga do lixo en Carnota

Comparte e opina:
A pesar de que o Concello de Carnota deu as espaldas ás demandas dos traballadores de recollida do lixo, o que levou á folga indefinida neste servizo, finalmente puido producirse un achegamento entre as partes despois de que a corporación do Concello de Ames aprobara a moción dos traballadores de Servia, coa unanimidade dos votos de PP, BNG, e PSOE, adquirindo o compromiso de facerlle fronte aos pagos, cousa á que Carnota se negara días antes.

Asi a folga foi inmediatamente desconvocada e sen traer consigo males maiores: os servizos mínimos e a propia responsabilidade dos traballadores posibilitou que no caso de Carnota apenas se notase un empeoramento do servizo e que case non se produciran os temidos episodios de amoreamentos de bolsas de lixo nas rúas do noso municipio.

Afortunadamente a folga da recollida do lixo xa é historia, mais a actitude do goberno municipal segue a preocuparlle e moito aos veciños: En lugar de buscar solucións a un problema de tal transcendencia, o executivo de José Oreiro só se preocupou de difamar aos traballadores de Servia e reiterar a súa negativa a aboar a inmensa débeda que o seu goberno vén acumulando desde que accedeu ao poder. Igual que ante a perda das oficinas da Caixa Galicia en Lira e O Pindo, este goberno de Carnota volveu poñer en práctica a táctica do avestruz: agochar a cabeza e agardar que os problemas se arranxen sós.

Moito nos tememos que isto non só se deba á cobardía política, senón que en realidade se trate dunha estratexia para dilatar ata o final da lexislatura os impagos, de xeito que sexa o próximo goberno de Carnota quen teña que asumir unha débeda que estimamos que alcanzará daquela o millón de euros, mentras tanto os cartos que os veciños aboan polo servizo son desviados a outras áreas.

Etiquetas: , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: