O TSXG da a razón ao Concello por entender que a orde procedeu dun órgano «manifestamente incompetente»
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estimou a demanda presentada polo Concello de Carnota contra a decisión do xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (dependente da Xunta) que supuxo en 2013 a clausura das instalacións do Centro de Día de Pedramarrada, e o traslado das súas usuarias e usuarios a outras instalacións ubicadas nun concello veciño.Foi a unilateralidade desa decisión, precisamente, a que motivou a denuncia do rexedor Moncho Noceda contra o Consorcio, pois non só se tomou a pesar da oposición frontal do goberno de Carnota, senón que para iso dinamitaron o Convenio subscrito entre Xunta e Concello ao que aínda lle quedaban dous anos de vixencia. O TSXG declarou a nulidade de pleno dereito da resolución "por ser ditada por un órgano manifestamente incompetente", neste caso o xerente, pois non entraba esta acción dentro das súas facultades. Cabe engadir que a decisión adoptouse igualmente despois de que o Concello reclamara xudicialmente a paralización cautelar do peche.
Que vai pasar agora?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjxgdBwrE-aYdMZ08CCjahbtTYcLL6_QH_SZjngQla3u8RqlablJPPkNGAIoWQkMjiLGntLYK_a2lfrvEIDQ9nKrEOv-EoJBhyphenhyphen5LFcvuOQD8TkV1Qnp9WMvOi4N_BDf8A_YxkKaQw/s320/centroDiaCarnotaQuin.jpg)
Hai 0 opinións.
Publica a túa!