AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

04/09/2017

Contra os cheiros no Pindo temos que movernos!

Comparte e opina:
Panorámica da praia de San Pedro. Fonte: turismo.gal
O BNG de Carnota comparte absolutamente o cansanzo manifestado pola veciñanza do Pindo por mor dos cheiros que endemicamente afectan á praia de San Pedro, e súmase sen paliativos ao maioritario rexeitamento desta situación lamentábel nunha das praias e localidades máis fermosas do noso concello.

A falta dunha, o Pindo conta con dúas redes de saneamento máis ou menos operativas; porén a Xunta segue a dilatar o ansiado momento da conexión, e tras oito anos de obras que nunca parecen acabar, seguimos sufrindo este mal con maior incidencia aínda no verán, empeorando a calidade de vida da veciñanza e ofrecendo unha imaxe deplorábel do noso municipio a visitantes que acoden a Carnota coma un referente turístico saudábel, de calidade e con respecto ao medio ambiente, mais que se levan deste lugar unha sensación ben distinta.

O goberno municipal convocará en próximas datas a unha xuntanza a todos os axentes sociais para procurar unha resposta conxunta que presentarlle ao presidente de Augas de Galicia na vindeira xuntanza que o alcalde xa ten convocada de hai tempo para tratar esta problemática, e á que convidará a acompañalo a representantes das entidades sociais que operan na localidade.

Agardamos que do consenso social e coas administracións poida saír unha solución que poña a andar o saneamento no Pindo e acabe definitivamente cos cheiros na praia.
Etiquetas: , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: