AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

14/06/2019

Comunicado do BNG de Carnota

Pili Tubío, Manolo Souto e Belén Campos
A Asemblea Local do BNG de Carnota, reunida esta tarde para decidir a posición ante a sesión de investidura que terá lugar mañá, 14 de xuño, ás 12:30 horas no Concello de Carnota, COMUNICA:

  1. Nas semanas transcorridas desde a xornada electoral do 26 de maio non existiu ningún contacto firme por parte do PSOE máis aló dunha chamada telefónica na que se constata o seu absoluto desinterese en acadar ningún acordo co BNG.
  2. Si tivo lugar un contacto co PP, a solicitude deste, sen ningún tipo de acordo.
Nestas circunstancias o BNG de Carnota presentará e apoiará a súa propia candidatura, na persoa de Belén Campos, quen exercerá a portavocía do noso grupo municipal, que estará integrado tamén por Manolo Souto e Pilar Tubío.

O anterior acordo comunicarase publicamente para o coñecemento de toda a veciñanza de Carnota.

Asinado en Carnota, a 14 de xuño de 2019
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 
  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: