AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

27/06/2019

O PSOE pretende devolver o Concello á senda do dispendio en soldos políticos

Comparte e opina:
Incremento dos soldos políticos, que no caso do alcalde alcanzarían o tope legal

O novo goberno suspendiu o pleno desta tarde no que pretendía aprobar unhas retribucións disparatadas, tras advertirlle o BNG que non fora debidamente convocado

A polémica non se fixo agardar, e o presaxio que xa anticiparon na prensa practicamente o día despois das eleccións evidenciouse tamén no primeiro día do novo goberno local, cuxa proposta de retribucións significa que o PSOE dispara un 31,7% os gastos políticos do Concello de Carnota, ou iso pretenden, antes de ter sequera tempo material de coñecer a súa situación económica.

De prosperar a proposta socialista, os arredor de 31 mil euros de salario percibidos por Moncho Noceda no seu último ano incrementaríanse ata os 41.416 euros que pretende cobrar o novo rexedor Juan M. Saborido, quen busca asi incrementar o seu soldo en total un 33,6%, ata alcanzar o máximo legal permitido.

Por outra parte o PSOE pretende remunerar con outros 16.800 euros á súa tenente de alcalde Merche Noceda, un 20% máis que o soldo que percibira Belén Campos nos tres anos que gozou da media dedicación exclusiva aprobada polo BNG en marzo de 2016, só unha vez alcanzada a maioría absoluta e despois de coñecerse o primeiro remanente de tesoureiría positivo da historia recente de Carnota.

Polo momento esta proposta, transmitida xa en firme e por escrito polo PSOE aos demais grupos, non se someteu a votación no Pleno previsto para hoxe pois non se convocara conforme a dereito, o que podería levar a que calquera acordo acadado durante o mesmo fose nulo, tal e como lle comunicou o BNG ao novo executivo, que decidiu aprazala sesión ata o vindeiro 4 de xullo ás 20:00 horas.

O PSOE busca incrementar tamén todas as asistencias, fixar dúas dietas novas e multiplicar por oito o custo das Xuntas de Goberno ás arcas municipais

Por último o PSOE pretende incrementar un 50% o gasto en asistencias a plenos (dos 50€ actuais pasan a 75), e sobre todo case triplica (+250%) as asistencias ás Xuntas de Goberno en importe e cuadriplica o seu número. Así, dos 60 euros que percibía cada membro do goberno do BNG pola asistencia a cada unha das aproximadamente 6 comisións de goberno que se celebraban ao ano, agora percibirán 150 euros e ademais celebraranse 24 ao ano; isto supón que cada edil do PSOE percibirá 3.600€ ao ano, 14.400€ no conxunto do mandato, só por asistir a unha reunión de arredor de media hora no Concello de Carnota, o que pode interpretarse coma un soldo encuberto para os membros de goberno sen dedicación, que suporá ao erario municipal que os aproximadamente 8.640 euros que como máximo custarían as Xuntas de Goberno de todo o pasado mandato se disparen no mandato actual ata os 72.000 euros, 8,3 veces máis, de prosperar a proposta do PSOE.

Tamén experimentan importantes incrementos as asistencias a comisións informativas ou especiais como a de contas, que pasarían de 50 a 75€ (+50%) asi como as asistencias a outros órganos colexiados dependentes, ou non, do Concello: nun e outro caso os membros do goberno víñano facendo gratis ata agora, mais agora queren implantar unha nova dieta de 75€.

Incrementos dos custos por asistencia a distintos organismos

O BNG seguirá defendendo un soldo digno para o alcalde dun pobo digno

O BNG de Carnota non vai avalar esta pretensión disparatada, senón que apoiaremos, como sempre defendemos, un soldo digno para o alcalde dun pobo digno, na mesma contía que viña percibindo Moncho Noceda no seu último ano de mandato.

É de destacar que cando o BNG accedeu ao goberno en 2011 fixou, en coherencia co seu programa, unha soa dedicación exclusiva, a do alcalde, por un importe de 28.000€ ao ano; é dicir, 2.000 euros brutos ao mes, actualizados nos anos sucesivos en base ao IPC, coma o resto dos traballadores municipais. Esta asignación foi aprobada no 2011 por proposta propia, e apoiada polo PSOE. Só no ano 2016, unha vez que o BNG saneou as contas municipais, se aprobou unha media dedicación a maiores, que se faría efectiva meses máis tarde, para Belén Campos. Moito menos, en todo caso, que a proposta que pretende aprobar agora o PSOE, malia estar en minoría e non ter tentado ningún tipo de consenso.

Ademais o PSOE parece esquecer que Carnota está submetido a un riguroso Plan de Axuste, proposto polo BNG e aprobado no seu día co apoio do PSOE, que limita precisamente os salarios políticos por debaixo do que eles pretenden agora aprobar.

Con esta proposta retributiva, coa que a veciñanza xa está a expresar a súa indignación por disparatada, insolidaria e desacorde coa capacidade real do noso Concello, cúmprese o temido prognóstico de que o executivo de Carnota volva tras 8 anos de contención do BNG á senda do dispendio do erario público por parte do PSOE, que antepón os intereses económicos dos seus membros ás necesidades do pobo de Carnota.
Etiquetas: , ,

Hai unha opinión.

  1. Pero non estaban tan mal as cousas, Moma? Carallo amiguito faltouche tempo

    ResponderExcluir

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: