AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

06/07/2019

O PSOE fracasa no seu intento de sacar adiante uns salarios políticos que decepcionan á maioría da veciñanza

Comparte e opina:
Novo goberno municipal do PSOE de Carnota (foto: La Voz de Galicia)

O alcalde de Carnota pasaría a ser o 2º rexedor da bisbarra que máis lle custa a cada veciño e veciña

O PSOE de Carnota non logrou no pleno municipal que tivo lugar o pasado xoves que prosperara a súa pretensión de incrementar ostensibelmente os salarios políticos do goberno de Carnota asi coma as indemnizacións por asistencias a Xuntas de Goberno e outros organismos.

O BNG lembra que a proposta do PSOE suporía multiplicar por 8 o custo das Xuntas de Goberno ás arcas municipais, aumentar case un terzo o salario do alcalde ata o máximo permitido por Lei tamén e duplicar as dedicacións exclusivas. A proposta foi observada desde o primeiro momento con incredulidade por parte da veciñanza e logo con decepción, pois non se ve xustificado convertir a Carnota no segundo concello da comarca (non o terceiro, como dixemos nun principio, pois supostamente o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño xubilouse en nadal) no que cada veciña e veciño máis aboará ao seu alcalde.

De feito, unha enquisa feita nas nosas redes sociais Facebook e Twitter indica que a inmensa maioría da nosa veciñanza non ve con bos ollos o salario que pretendía o Moma; outra enquisa do Facebook Carnota A Coruña sinala que un altísimo volume de veciños e veciñas tampouco aprobaba a idea de duplicar as dedicacións exclusivas.

Incribelmente o alcalde, quen finalmente terá que rectificar esta proposta, afirmou hoxe na prensa que os enormes incrementos que pretendía atribuírse suporían «un descenso dun 10% dos salarios».

O BNG si apoiará unha proposta comedida e acorde co Plan de Axuste

O BNG reitera a súa intención de aprobar un soldo digno para o alcalde dun pobo digno, por unha contía coma a que viña percibindo ata agora o anterior alcalde, Moncho Noceda. Ademais non pode ser doutro xeito, pois lembramos que Carnota está sometida a un Plan de Axuste en vigor ata o 2023 que entre outras medidas limita os salarios do alcalde. Este plan foi no seu día aprobado co apoio do PSOE de Carnota.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: