AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

27/07/2019

O PSOE pacta os salarios co PP

Comparte e opina:
Goberno municipal (fonte: La Voz de Galicia)
Finalmente confírmase a existencia dun pacto do PSOE co PP de Carnota; o acordo, anticipado na prensa e confirmado no pleno de hoxe, garante un salario de 35.000€ para o alcalde e de 14.500 para a tenente de alcalde, importes algo inferiores ás súas pretensións iniciais pero aínda superiores, en calquera caso, dos límites fixados no plano de axuste vixente ata 2023 que no seu día fora aprobado pola corporación municipal co apoio do propio PSOE. Asi mesmo, tamén aprobaron elevar as asistencias a plenos e xuntas de goberno.

A veciñanza descoñece aínda a día de hoxe con que programa goberna o PSOE, por iso non parece moi lóxico que comecen esixindo un incremento repentino dos salarios políticos, o que é unha falta de respecto a toda a veciñanza e demostra a nula vontade de diálogo por parte dun alcalde que unha e outra vez minte na prensa para construír o relato que máis lle convén, mesmo facéndose o sorprendido ante a nosa postura de un salario digno para o alcalde dun pobo digno, cando a mantivemos durante os 8 anos de goberno de Moncho Noceda e seguímolo facendo agora, como ben sabe toda a veciñanza e de feito ofrecémosllo en reiteradas ocasións ao propio Moma, quen nunca foi quen de xustificar, nin no Pleno nin ante a veciñanza, a súa pretensión de elevar o salario do alcalde de golpe dez mil euros, un 33% máis, ata alcanzas o tope legal.

Tampouco sabemos cal será o custo para os carnotáns deste pacto co PP, que sempre deixou claro que o seu apoio non sairía gratis. Sen embargo chama a atención que este apoio coincide coa asunción polo goberno dunha obra de saneamento no Campo de Sofán (Lira) que beneficia directamente a un veciño do lugar moi vinculado co PP, cando no mesmo lugar hai necesidades moitisimo máis apremiantes coma dotar de saneamento o Pazo, moito máis habitado; ademais, esta actuación que non debera superar os dez mil euros está orzamentada en 54.000, sobrecuste que desde logo podería ter, en opinión do BNG, un destino moito máis produtivo para o conxunto da veciñanza.

Non houbo negociación algunha co BNG

Como mostra de transparencia coa nosa veciñanza o BNG quere aclarar que xamais participamos nunha verdadeira negociación co PSOE; de feito desde as eleccións ata o pleno de organización só houbo unha chamada telefónica, na que o noso responsábel local lle pediu ao Moma que lle trasladase unha proposta para poder valorala na Asemblea Local do BNG, o que nunca fixo. Só cando o Pleno tumbou a súa disparatada proposta salarial, que rexeita a inmensa maioría da veciñanza, convocounos a unha reunión. Para a nosa sorpresa o alcalde presentouse nela en solitario, e non por casualidade: a súa nova proposta era apoiar o seu soldo de 41.000 euros e deixar sen soldo a Merche Noceda; a cambio de aceptar, o BNG podería entrar máis adiante ao goberno. Obviamente rexeitamos esta proposta, e aí rematou o interese do alcalde en falar co BNG, centrándose desde entón en falar exclusivamente co PP. Lamentamos a falta de transparencia e que o novo goberno de Carnota leve estragados dous meses de mandato unicamente en aumentar os seus salarios políticos.

Cronoloxía

Subliñamos en amarelo os únicos contactos que mantivo o PSOE co BNG desde o día das eleccións. As supostas negociacións co BNG ás que fai constantemente referencia o PSOE na prensa son mentira, non existen.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: