A nova entidade actívase cunha concentración, este mércores, en repulsa polo triple feminicidio de Valga
Xa había un tempo que un grupo de mulleres traballaban para artellar o feminismo en Carnota, pero os acontecementos tráxicos vividos hoxe en Valga obrigounas a acelerar a posta en marcha do Colectivo de Mulleres Feministas Sonlilá, inscrita desde xa na Marcha Mundial das Mulleres, que busca combater desde o feminismo toda forma de discriminación e maltrato machista. A entidade está constituída en Carnota mais ten vocación de acoller cos brazos abertos ás mulleres dos municipios da contorna, convocou xa as súas dúas primeiras mobilizacións.
A segunda iniciativa será unha manifestación nocturna co lema "A noite será violeta", este venres 20 ás 20:30 horas no mesmo lugar, en resposta ao que no seu comunicado denominan peor verán de terrorismo machista en décadas (con asasinatos, parricidios, trata, pederastia, extorsións, desaparicións, manadas, violacións …). Convidan a todas as mulleres que acudan a traer lanternas, panos violetas e, se pode ser, que vistan de negro.
O BNG de Carnota saúda a necesaria conformación desta entidade que agardamos sirva para formar mulleres libres nun concello e nun País máis seguros, e expresamos o noso total apoio ás mobilizacións convocadas asi coma nosa máis rotunda repulsa dos terroríficos acontecementos vividos en Valga e de cada situación de violencia machista que se produce en todo o noso territorio.
Aquelas mulleres que desexen colaborar ou unirse con Sonlilá poden contactalas no correo electrónico asociacionsonlila@gmail.com.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!