AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/08/2020

Explicación sobre o abandono do pleno dxs concelleirxs do BNG


No último pleno ordinario celebrado o pasado xoves 30 de xullo o grupo municipal do BNG abandonou o pleno polo que consideramos unha falta reiterada de respeto por parte do Sr. Alcalde referíndose a nosa Portavoz, Belén Campos, e a concelleira Pilar Tubío continuamente en diminutivo cun tono machista que se leva repetindo nos últimos plenos.

Lembramoslle ao Sr. Alcalde que como concelleiras electas e representantes dxs veciñxs merecen un mínimo de respeto institucional fronte a unha actitude displicente indigna do máximo mandatario municipal.

Utilizar o diminutivo soio cando se dirixe as concelleiras da oposición, e non do resto de concelleiros, é unha falta de respeto en si mesmo. Coloca a «Belenciña» ou "Pilariña" nunha posición de subordinación e inferioridade, como si o que elas expuxeran no pleno foran infantilismos ou parvadas. Eso simplemente é puro machismo.

Polo que agardamos que nun futuro garde as formas e se dirixa as nosas concelleiras có debido respeto institucional.
Sr. Alcalde agardamos un cambio de actitude pola súa parte e pregamoslle non convirta o Pleno Municipal na barra dunha taberna. Nós nunca nos dirixiríamos a vostede neses términos ("Momiña"), xa que polos seus votantes e por toda a veciñanza de Carnota, a quen representa, merécenos o máximo respeto.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: