AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/08/2020

Comunicado do BNG de Carnota ante as declaracións feitas na Voz de Galicia do día 20 de agosto do 2020 polo actual alcalde do Concello de Carnota. Juan Manuel Saborido

Comparte e opina:

Comunicado do BNG de Carnota ante as declaracións feitas na Voz de Galicia do día 20 de agosto do 2020 polo actual alcalde do Concello de Carnota. Juan Manuel Saborido:

 

1.- O actual alcalde di que Moncho Noceda “consignou os cartos do erario público para que fose o concello o que pagase a súa condena, evitando asumir el o custe”.

Isto non é certo. A sentenza establece unha indemnización de 10.000€ para a traballadora, a pagar “solidariamente” (cita textual da sentenza) polo Concello e o ex-alcalde. O Concello acorda o ingreso destes 10.000€ cando a sentenza aínda non era firme (xa que estaba recurrida), evitando así que dita cantidade xerara máis intereses ante a tardanza da resolución do Tribunal Supremo.

Se Juan Manuel Saborido considera que o Concello debe reclamarlle algunha cantidade por esta indemnización ao ex-alcalde Moncho Noceda, deberá facelo pola vía legal correspondente, como é a súa obriga.

 

2.- O actual alcalde Juan Manuel Saborido declara “que esta actuación podería ser constitutiva dun delito de malversación de fondos públicos”.

Isto non é certo. O ex-alcalde Moncho Noceda non cometeu ningún delito de malversación de fondos públicos nin se apropiou de ningún ben público. O pago da indemnización solidaria por unha das partes obrigadas non constitúe delito de ningún tipo.

Se o actual alcalde, Juan Manuel Saborido, considera que Moncho Noceda cometeu un delito, a súa obriga é denuncialo ás autoridades competentes.

Insinuar nos medios públicos que unha persoa cometeu un delito sen proba algunha atenta contra a honra desa persoa e pode ter consecuencias legais.

 

3.-  Juan Manuel Saborido asegura que “Ramón Noceda debe responder como responsable directo dos feitos”.

A sentenza establece que os responsables son o Concello e o ex-alcalde, que xa responderon ao pago da indemnización.

 

4.- Juan Manuel Saborido di que “estudarán en detalle o marco xurídico e as posibilidades que dan as leis para que estes desmáns os pague quen cometeu o delito, e non o pobo de Carnota”.

En primeiro lugar, non existe nin desmán nin delito algún. O pago da indemnización por parte do Concello á traballadora non é ningún desmán.

A sentenza foi ditada por un xulgado do social, non por un xulgado penal, polo que non existe delito de ningún tipo.

O pobo de Carnota paga outros desmáns que sí constitúen delito, como os máis de 172.000€ que o alcalde Juan Manuel Saborido negouse a reclamar a José Oreiro e Marisol Piñeiro, condenados por prevaricación administrativa por unha contratación irregular. Neste caso non houbo estudos en detalle do marco xurídico nin informes que avalen esta decisión do alcalde.

 

5.- O alcalde Juan Manuel Saborido di que “se ocultou a sentenza privando ao pobo de Carnota desta información”.

Isto non é certo. Como pode ocultarse unha sentenza? As sentenzas son públicas, non se poden ocultar.

Ademais, o 15 e o 16 de xullo do 2016 a noticia foi publicada en diversos medios do país.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/31671-condenado-concello-carnota-indemnizar-10000-euros-traballadora-municipal

 

6.- Segundo o actual executivo “esta forma de proceder é un botón de mostra da opacidade e pouca transparencia co que actuaba o anterior equipo de goberno presidido por Ramón Noceda”.

Isto non é certo. É incluso, mal intencionado. Se hai algo que trouxo o goberno de Moncho Noceda despois dun período turbio, foi transparencia e porta aberta na xestión municipal. Para botón de mostra as asembleas veciñais e cartas á veciñanza.

 

7.-  Juan Manuel Saborido di que “abriu unha nova etapa na que os veciños son atendidos sen favoritismos e sen sectarismos”. Di que “así van seguir, traballando para todo o pobo e non para uns poucos”.

Isto é tan malintencionado…. Que doado é dicir que abres novas etapas cando atopas un Concello saneado e con superávit, tras unha xestión durísima, consecuencia dunha débeda millonaria que case leva ao Concello a ter que ser intervido precisamente a causa de gobernos opacos que propiciaban o favoritismo.

A porta do despacho de Moncho Noceda estivo aberta sempre para calquera veciño ou veciña e sempre se deron as explicacións necesarias de todas as xestións, do que se facía e por que, e o que non se facía e tamén por que. Sen favoritismo algún.

Dicir que abre unha nova etapa sen sectarismo é mezquino. Está acusando ao anterior goberno de ser sectario, cando se algo demostrou foi a súa obxetividade e a comprensión ante todas as situacións e ante toda a veciñanza.

Está moi ben que o actual rexidor teña propósito de traballar para todo o pobo. E nós estaremos atentos a que o faga. Pero insinuar abertamente que o goberno do BNG traballou para uns poucos, sinceramente, retrátao.

Iso explica as súas declaracións na entrevista na Cadena Ser na que falaba do delito de prevaricación que cometeron José Oreiro e Marisol Piñeiro como dun “erro administrativo que pode cometer calquera”.

O equipo de goberno de Moncho Noceda seguro que cometeu erros e os asume, pero se algo tivo sempre claro foi diferenciar o público do privado. Estaremos atentos a que o actual equipo de goberno tamén o faga. 

 

Carnota, 20 de agosto 2020

 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: