O executivo municipal de Carnota, do PSOE, nunha clara deixación das súas funcións, renunciou a presentar o recurso xudicial para esixir os 172.684,40 € que lle supuxo ás arcas municipais o sobrecusto pola contratación ilegal da asesora xurídica de urbanismo, motivo polo cal foron condeados penalmente por prevaricación administrativa o ex alcalde José Oreiro e a ex-tenente alcalde Marisol Piñeiro despois da senteza do Xulgado do Penal 4 da Coruña de data 16/03/20.
Con esta actitude neglixente o goberno municipal encabezado polo alcalde Juan M. Saborido quedou só neste proceso. O BNG antes de que rematase o prazo de presentación do recurso presentou por rexistro un escrito solicitándolle ao goberno que procedese á pertinente presentación do recurso reclamando eses 172.684,40€ que lle corresponderían a toda a veciñanza de Carnota, na defensa dos seus lexítimos intereses. Mais agora tamén o propio Partido Popular asumiu esta posición e preguntou no último pleno o porqué da non presentación do recurso, pois tamén considera que atenta contra os intereses da toda veciñanza de Carnota.
Sorprende que o alcalde non cumpla coa súa obriga legal, e causa arrepío despois de escoitalo nunha entrevista que o motivo polo que foron condeados os ex-mandatarios - prevaricación administrativa- "pode pasarlle a calquera alcalde".
O BNG de Carnota abandoou o pasado pleno en protesta polo comportamento do alcalde
O grupo municipal do BNG de Carnota abandonou anticipadamente o último pleno do 30 de xullo polas faltas reiteradas de respeto por parte do alcalde, quen se dirixe a súa portavoz Belén Campos, e a concelleira Pilar Tubío usando diminutivos e cun ton machista que se leva repetindo nos últimos plenos. Utilizar o diminutivo só cando se dirixe ás concelleiras da oposición, e non do resto de concelleiros é unha falta de respeto en si mesmo, colocándoas nunha posición de subordinación e inferioridade. Isto é simplemente machismo.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!