AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

07/04/2021

Información do Pleno Ordinario do 5 de abril

A continuación imos facer un resumo dos puntos da orde do día do pleno ordinario celebrado o pasado luns.
  • Douse conta da liquidación do presuposto do 2020
  • Aprobouse por unanimidade a declaración de prescrición de obrigas recoñecidas pendentes de pago
  • Aprobouse por unanimidade a declaración da Costa da Morte como reserva local de surf.
  • Un dos puntos da orde do día foi a “Aprobación do Plan Anual Normativo” que implica a aprobación, derrogación e modificación de varias ordenanzas municipais así como a regulación do tele traballo e a asignación do complemento de produtividade do persoal do Concello, o BNG abstívose e cando sexan levadas a pleno e estudadas detidamente cada unha delas votaremos en consecuencia xa que algunha podería afectar aos prezos actuais dos servizos municipais.
  • Volveu a tratarse neste pleno as solicitudes de subvencións nominativas á Deputación para os proxectos de mellora de alumeado público, coa dotación de luces led, que saíu adiante cos 5 votos a favor do equipo de goberno e a abstención do PP e do BNG.
O sentido do cambio de voto do BNG, coa nosa abstención, ao respeito do anterior pleno, xustificase no sentido de facilitar a petición das catro subvencións, despois de que se nos facilitase o informe do secretario solicitado no anterior pleno polo BNG e que se nos aclarase e argumentase legalmente as propostas de solicitude, para ter unha información máis completa sobre a viabilidade económica, sen que elo conlevase poñer en perigo a estabilidade orzamentaria e máxime tendo en conta o Plan de Axuste vixente có que actualmente deberíamos estar comprometidos, para poder afrontar un proxecto deste calado.
No informe acláranse todas as nosas dúbidas sobre as catro peticións á Deputación e recóllense as peticións que formulamos como a posibilidade, de conservar as luminarias LED xa existentes en varias zonas do concello, unha vez rematadas as auditorías. Tamén se nos aclara que para proceder á contratación e realización das actuacións sería preciso un crédito e que en caso dunha hipotética falta de liquidez, non condicionaría o resto de actividades e servizos que se presten na actualidade.
De tódolos xeitos a maneira de proceder por parte do equipo de goberno non nos parece coherente, tendo en conta que xa está aprobado pola maioría da corporación (por UNANIMIDADE) o Pacto de alcaldes acadado có Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible para o clima (PACE) a desenvolver nun período de dez anos. O máis razoable e lóxico sería facer primeiro a auditoría enerxética e logo solicitar as subvencións segundo as verdadeiras necesidades do Concello.
No concello existe xa unha análise de consumos enerxéticos do ano 2019 solicitado polo anterior goberno do BNG do que, parece ser, que o actual goberno non sabe, ou non quer saber nada
Despois de analizar con detalle o informe emitido polo secretario da corporación, este advirte da imposibilidade de levar a cabo a actuación con recursos propios polo que temos a impresión de que o alcalde pretendía actuar en contra do acordado polo pleno, como xa fixo coa división do proxecto, poñendo en perigo a estabilidade orzamentaria do concello.
O alcalde comprometeuse a presentar uns orzamentos, onde se puidera recoller esta actuación, tivo un ano para facelo e para aclarar as dúbidas da oposición e non o fixo. O que non pode facer, sistematicamente, o goberno municipal é desprestixiar o traballo de fiscalización e control que exerce a oposición cada vez que non vote o que eles prantexen. Esixiremos toda canta información sexa precisa antes de aprobar calquer proposta que poida comprometer e afectar negativamente a estabilidade económica do concello, xa que non estamos dispostos a botar por terra o traballo de recuperación económica levado a cabo polo goberno do BNG durante a última etapa de goberno.
Neste pleno tamén se aprobaron por unanimidade:
  • A moción presentada polo BNG sobre as mobilizacións feministas do 8 de marzo
  • A da Mancomunidade da Serra do Barbanza instando a presidencia a convocar Asemblea e que a Mancomunidade inicie expediente para a elaboración dun plan de acción de cara ao ano 2023 que teña en conta vías de xestión alternativas e acadar os obxectivos da reciclase do 60-65% dos residuos municipais.
  • Os grupos da corporación, conxuntamente, presentamos unha moción de apoio as confrarías de Galiza e, concretamente, as das confrarías do Pindo e Lira, para demandar a eliminación das modificación do Regulamente de Control Europeo da UE. 1224/2009, con respecto á frota artesanal.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: