AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

14/04/2021

Propostas do BNG no pleno do pasado 5 de abril

Comparte e opina:

No pleno do día 5 de abril pasado dende o BNG fixemos as seguintes propostas:

Controlar e selar os distintos vertedoiros incontrolados existentes ao longo do Concello. Algún deles xa foron selados no seu día polo anterior goberno municipal do BNG.

 

· Arranxo da beirarrua de Lariño, afundida o pasado 11 de febreiro, como consecuencia do último temporal. Vai xa para dous meses e séguese sen reparar co consecuente trastorno para os viandantes que non poden transitar por este punto, véndose na obriga de ir pola estrada xeral, co perigo que iso conleva, e máxime cando, é unha zona moi transitada polas nenas e nenos que van cara a pista polideportiva e o parque infantil da Lomba da Granda.

 

· Gravación dos plenos. Existe un gran interese por parte da veciñanza de Carnota en coñecer as posturas e puntos de vista dos distintos grupos municipais do Concello nos temas abordados nos plenos, mais aló do que cada grupo publica polas súas vías, para elo, e como xa prantexamos no seu día, deberían poñerse os medios necesarios para que sexan retransmitidos (via streaming), como xa se fai na maior parte dos concellos da zona, e máxime agora que xs veciñxs non poden acudir fisicamente ao salón de plenos e se ven privados dese dereito. Ademais detectamos como segue sen darlle difusión ás convocatorias dos plenos.

Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: