AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

24/06/2021

Herbicidas, árbores e o que non se ve





Se primeiro foron as árbores da pista de Lira, logo as do colexio de Carnota, Lamas de Castelo ..., agora tocoulle as da praza de Carnota. Noutros concellos plántanas e no noso nin as coidan nin as podan, directamente córtanas. Mentres que cos anteriores gobernos do BNG plantábanse árbores con este goberno cando rematen estes catro anos non queda unha árbore no concello. E que se fai con esa madeira?  regalala porque o banco de leña xa non existe.

O que non se cortan son as herbas polo medio dos lugares e nos espazos públicos. Todo moi bonito e moi ben recortado (tamén fumigado) onde se ve, e onde non se ve a monte como nos din os veciños. E para que todo quede ben, de paso, o concello dálle unha boa rozada ao solar da igrexa, o que se ve desde a estrada, non importa que sexa unha propiedade privada, nin facelo sen o correspondente expediente, nin reclamar o importe como a calquera veciño cando non limpa o seu. E cal é a súa explicación, que está cheo de lixo, o mesmo argumento que atoparon para xustificar que se tirase unha caseta que aínda sendo privada era patrimonio mariñeiro do noso pobo. E o solar da igrexa que saibamos é privada e patrimonio só do arcebispado.

E para rematalo, estes día moitos veciños e veciñas trasládannos a súa preocupación pola utilización, por parte do concello, de herbicidas nas beirarrúas. Dinnos que están fumigando preto das casas co consecuente perigo para a saúde.

Desde o BNG instamos ao Concello a que inmediatamente deixe de utilizar este tipo de produtos e lembrámoslle que está incumprido as Directivas Europeas e as recomendacións da OMS xa que os herbicidas teñen efectos tóxicos sobre a saúde e o medio ambiente.

A obriga dun goberno municipal é cumprir as normas para a protección da saúde da veciñanza e do medio ambiente.

 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: