Nos últimos días fomos coñecedores do proxecto eólico que se pretende levar a cabo no Cabazo e que afectaría ao noso Concello.
Polo que percibimos hai unha total falta de transparencia por parte do Goberno da Xunta e do Goberno Central en todo o que rodea a este tipo de proxectos especulativos.
Pola información de que dispoñemos e recabada pola nosa parte nos últimos días sabemos que a empresa Green Capital Power, con domicilio social en Pozuelo de Alarcón (Madrid), presentou xa o ano pasado (en plena pandemia) o proxecto ou plan previo “Parque Eólico do Cabazo” e que desde o 8 de marzo deste ano o proxecto está para avaliación ambiental ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Descoñecemos se a empresa ten presentada a solicitude para a súa instalación.
No día de hoxe, a petición nosa, mantivemos unha reunión co alcalde que nos di que no Concello non teñen ningunha comunicación oficial deste proxecto, durante a mesma desde o grupo municipal do BNG solicitámoslle a celebración dunha reunión informativa aberta a toda a veciñanza (colectivos veciñais, comunidades de montes, de augas...) unha vez teñan toda a información relativa a este proxecto.
Ca información que temos e conforme co esgrimido na moción presentada polo BNG e aprobada no último pleno municipal celebrado o 27 de maio en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte ao espolio e depredación, xa presentamos as alegacións oportunas https://1drv.ms/w/s!AjWVDxAfzD2giF9Ujswqeth6vXtB .
Imos seguir traballando e estaremos atentos para evitar o espolio.
ENERXÍA EÓLICA SUSTENTÁBEL, XUSTA E GALEGA!
Hai 0 opinións.
Publica a túa!