AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

22/06/2021

Que pasa este ano co campamento de verán?



Varios pais e nais fixéronnos chegar o seu descontento  pola falta de transparencia e polo que está a pasar coa selección das nenas e nenos para o campamento Aldea de Verán 2021. Xa fomos, fai uns días, a preguntar por este tema e pensamos que estaba máis ou menos solucionado pero parece que non, así que mañá sen falta ímonos a achegar ao concello para ver que nos poden aclarar.

Para o BNG non é nada novo a falta de transparencia que existe na actualidade no concello de Carnota. E desde logo mentres gobernou o BNG non quedaron fóra dos campamentos ningún neno nin nena empadroado no noso concello, e para que puidesen entrar todos os solicitantes e cumprir debidamente cos ratios dende o concello pedíase á empresa que levaba o campamento que contratase máis monitores, e desde logo se aumentaba o prezo era o concello quen poñía o resto.

O que non nos explicamos cal é o motivo para que agora si pasen estas cousas. Temos que ter en conta que este ano o concello recibiu unha subvención de máis de 100.000€ da Deputación só para servizos sociais e que poden neste caso axudar a paliar esta situación. Tampouco entendemos como pode ser que no caso de irmáns un entre e outro non se os criterios de selección son os mesmos para os dous.

Esperamos que se solucionen pronto todos estes problemas e que todas nosas nenas e nenos poidan gozar do campamento como se merecen.

 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 
  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: